Concepción Pérez Iglesias

mestra e política galega From Wikipedia, the free encyclopedia

Concepción Pérez Iglesias

María de la Concepción Pérez Iglesias, nada en Santiago de Compostela o 12 de decembro de 1881[1] e finada en Lantaño en decembro de 1939,[2] foi unha mestra e política galega. En 1925 converteuse na primeira alcaldesa de Galicia e unha das primeiras de España,[3] no concello de Portas.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Concepción Pérez Iglesias
Thumb
Biografía
Nacemento(es) María de la Concepción Pérez Iglesias
12 de decembro de 1881
Santiago de Compostela, España
Mortedecembro de 1939 (57/58 anos)
Lantaño, España
Lugar de sepulturaLantaño
Alcaldesa de Portas
9 de xaneiro de 1925 – 23 de xaneiro de 1930
Datos persoais
EducaciónEscola Normal de Santiago de Compostela
Actividade
Ocupaciónmestra, política
Pechar

Traxectoria

Concepción estudou Maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela, e aos vinte anos obtivo o título de mestra. Cara a 1907 foi destinada á escola nacional de nenas de Portas. En 1908 casou con Amador Méndez Santamaría, veciño da parroquia de Godos, e fixou a súa residencia en Lantaño.

O 9 de xaneiro de 1925 foi elixida alcaldesa de Portas, cargo que desempeñou até o 23 de xaneiro de 1930. Tralo cesamento Concepción seguiu exercendo como mestra, ata o seu traslado definitivo á Escola Nacional de Guadalupe, en Santiago, onde permaneceu ata os últimos anos da súa vida profesional.

Foi soterrada o 12 de decembro de 1939 no cemiterio parroquial de Lantaño.

Predecesor:
Cesáreo Besol Oria
 
Alcaldesa de Portas
 
1925 - 1930
Sucesor:
?

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.