Concello de Örebro
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Örebro é un concello no condado de Örebro. A súa capital é a cidade de Örebro, que tamén é a capital do condado.
Remove ads
A chaira de Närkeslätten con terras de cultivo esténdese ao redor do lago Hjälmar e a capital. No norte, a paisaxe transita cara a rexión de Bergslag, e o substrato contén rochas máis antigas que conteñen minerais. Ao oeste, unha escarpada falla crea un límite nítido coa zona de chaira. A cidade de Örebro adoita asociarse coa fabricación de zapatos e galletas. Porén, estas industrias xa non existen no municipio. Pola contra, a economíal local está dominada polo sector servizos.
Dende a fundación co concello en 1971 a tendencia de poboación vén sendo positiva, e en 2024 o municipio tiña 160 140 habtantes.[1]
Remove ads
Xeografía
O concello de Örebro está situado na parte central e oriental da provincia histórica de Närke, agás o seu extremo norte, o distrito de Ervala, que está en Västmanland. O municipio está na beira occidental do lago Hjälmar onde desemboca o río Svartån dende o oeste. Ao leste Örebro limita co concello de Arboga, no condado de Västmanland, co de Vingåker, en Södermanland, e co de Finspång en Östergötland. Ao suroeste limita cos concellos de Hallsberg, Kumla, Lekeberg e Karlskoga, e ao cos de Nora e Lindesberg, todos no condado de Örebro.
Remove ads
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads