En bioloxía molecular, o complexo de recoñecemento da orixe, abreviado como ORC (do inglés origin recognition complex), é un complexo para a unión ao ADN de 6 subunidades presente en todos os eucariotas, que se une de maneira dependente do ATP ás orixes de replicación. As subunidades deste complexo están codificadas polos xenes ORC1, ORC2, ORC3, ORC4, ORC5 e ORC6 humanos.[2][3][4] O ORC é un compoñente esencial para a replicación do ADN en eucariotas, e únese á cromatina nas orixes de replicación durante o ciclo celular.[5] O ORC dirixe a replicación do ADN por todo o xenoma e é necesario para a súa iniciación.[6][7][8] O ORC únese nas orixes de replicación e serve como os alicerces para a ensamblaxe do complexo de pre-replicación (pre-RC), que comprende Cdc6, Tah11 (tamén chamado Cdt1), e o complexo Mcm2-Mcm7.[9][10][11] A ensamblaxe do complexo de pre-replicación durante a fase G1 cómpre para que se autorice a replicación dos cromosomas antes da síntese de ADN durante a fase S do ciclo celular.[12][13][14] A fosforilación regulada durante o ciclo celular de Orc2, Orc6, Cdc6, e MCM pola proteína quinase dependente de ciclina Cdc28 regula a iniciación da replicación do ADN, incluíndo o bloqueo da reiniciación na fase G2/fase M.[5][15][16][17]

Datos rápidos Identificadores, Símbolo ...
Complexo de recoñecemento da orixe
Identificadores
SímboloORC2
PfamPF04084
InterProIPR007220
Pechar
Datos rápidos Identificadores, Símbolo ...
Complexo de recoñecemento da orixe
Identificadores
SímboloORC3_N
PfamPF07034
InterProIPR010748
Pechar
Datos rápidos Identificadores, Símbolo ...
Complexo de recoñecemento da orixe
Identificadores
SímboloORC6
PfamPF05460
InterProIPR008721
Pechar
Thumb
Papel potencial de Cdc6 na iniciación da replicación do ADN.[1]

En lévedos, o ORC exerce tamén un papel no establecemento do silenciamento nos loci de tipo de apareamento Hidden MAT Left (HML) e Hidden MAT Right (HMR).[6][7][8] O ORC participa na ensamblaxe da cromatina transcricionalmente silenciosa en HML e HMR ao recrutar a proteína silenciadora Sir1 nos silenciadores de HML e HMR.[8][18][19]

Tanto Orc1 coma Orc5 únense ao ATP, aínda que soamente Orc1 ten actividade de ATPase.[20] Cómpre a unión de ATP a Orc1 para que o ORC se una ao ADN e é esencial para a viabilidade da célula.[11] A actividade de ATPase de Orc1 está implicada na formación do complexo de pre-replicación.[21][22][23] A unión de ATP a Orc5 é esencial para a estabilidade do ORC como un conxunto. Só son necesarias as subunidades Orc1-5 para a unión á orixe de replicación. Pola súa parte, Orc6 é básica para o mantemento do complexo de pre-replicación unha vez formado.[24] As interaccións no ORC suxiren que Orc2-3-6 poden ser os que formen o corazón do complexo.[5]

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.