From Wikipedia, the free encyclopedia
A complexidade específica é un argumento proposto por William Dembski e usado por el e outros para promover o deseño intelixente. De acordo con Dembski, o concepto ten a intención de formalizar a propiedade que destaca os padróns que son tanto específicos canto complexos. Dembski defende que a complexidade específica é unha ferramenta confiábel para encontrar sinais de deseño realizado por un deseñador intelixente, un principio central do deseño intelixente que Dembski defende en oposición a teoría da evolución. O concepto de complexidade específica considérase xeralmente matematicamente insalubre e até hoxe non foi utilizado como base para traballos independentes posteriores, sexa nas áreas da teoría da información, da teoría da complexidade, ou na bioloxía.[1][2][3] A complexidade específica é un dos dous principais argumentos utilizados polos defensores do deseño intelixente, sendo o outro a complexidade irredutíbel.
De acordo coa terminoloxía de Dembski, un padrón específico é un que admite descricións curtas, e un padrón complexo é un que sexa moi improbábel de que ocorra. Dembski argumenta que é imposíbel para a complexidade específica existir en padróns desenvolvidos por configuracións formadas só por procesos non guiados. Por tanto, afirma Dembski, o feito de que padróns de complexidade específica poidan encontrarse en seres vivos indica algún tipo de orientación na súa formación e, consecuentemente, un indicio de intelixencia. Dembski tamén argumenta que se pode demostrar rigorosamente, aplicando os teoremas "non hai un almorzo gratis" a inhabilidade dos algoritmos evolutivos en seleccionar ou xerar configuracións de gran complexidade específica.
Na literatura do deseño intelixente, un axente intelixente é un que escolle entre posibilidades diferentes e causa, por medios e métodos sobrenaturais, o xurdimento da vida.[4] A complexidade específica é o que Dembski define como un "filtro explicativo" que pode recoñecer o deseño ao detectar informacións complexas específicas (ICE). O filtro baséase na premisa de que as categorías de regularidade son, de acordo con Dembski, "mutuamente exclusivas e exahustivas". A información complexa específica detecta o deseño porque detecta o que caracteriza a unha actividade intelixente; detecta a realización dunha entre varias posibilidades competidoras.
Un estudo realizado por Wesley Elsberry e Jeffrey Shallit afirma que "o traballo de Dembski está cheo de inconsistencias, equivocacións, uso falso da matemática, débil calidade académica, e interpretacións equivocadas dos resultados doutros".[5] Outra obxección menciona os cálculos de probabilidade de Dembski. De acordo con Martin Nowak, un profesor de matemática e bioloxía evolutiva da universidade de Harvard. "Nós non podemos calcular a probabilidade do xurdimento do ollo. Nós non posuímos a información para facer os cálculos".[6] Outros críticos tamén rexeitan a aplicación da complexidade específica para inferir deseño como un argumento da ignorancia.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.