Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
O modelo de competencia perfecta describe unha estrutura de mercado que cumpre cos seguintes supostos:
Se os supostos se cumpren podemos estar seguros de que a asignación que xera o mercado é eficiente. De feito, nun modelo de equilibrio xeral as asignacións son eficientes no sentido de pareto.
A condición de optimalidade do mercado esixe que o prezo sexa igual ao custo marxinal. Se o prezo é menor algunhas empresas saen do mercado premendo o prezo á alza pola redución da cantidade ofrecida e se o prezo é maior algunhas empresas entran ao mercado esperando beneficios positivos, pero ao facer, premen o prezo á baixa debido a que a oferta se expande.
O modelo de competencia perfecta é un ente ideal que intenta capturar a esencia do comportamento económico, tanto das empresas como dos individuos. A maior parte da literatura ocupase de analizar o impacto que ten sobre o benestar ou a eficiencia o que algún dos supostos arriba mencionados non se cumpra. Quizais un dos máis importantes é o da información.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.