From Wikipedia, the free encyclopedia
O Club Deportivo Olimpia é un club de fútbol da cidade de Tegucigalpa, Honduras e xoga na liga nacional de Honduras. Os seus cores son o vermello, o azul e o branco. Xoga os seus partidos coma local no Estadio Nacional Tiburcio Carías Andino. O seu maior rival é o Club Deportivo Motagua. Está considerado como o mellor equipo de Honduras e un dos mellores da CONCACAF.
C.D. Olimpia | |||
---|---|---|---|
Nome | Club Deportivo Olimpia | ||
Alcume(s) | Los Albos | ||
Fundación | 1912 | ||
Estadio | Estadio Nacional Tiburcio Carías Andino, Tegucigalpa, Honduras | ||
Inauguración | 1948 | ||
Capacidade | 35,000 | ||
Presidente | Rafael Ferrari | ||
Adestrador | Héctor Vargas | ||
Liga | Liga Nacional de Honduras | ||
2016 | Campión | ||
Na rede | |||
http://clubolimpia.com/ | |||
| |||
O club foi fundado o 12 de xuño de 1912 co nome de Nacional Olimpia, inicialmente os fundadores formaron a institución para xogar o béisbol. Os maiores goleadores da historia do Olimpia foron Wilmer Velásquez, Denilson Costa e Danilo Javier Tosello.
O club foi fundado o 12 de xuño de 1912 por Héctor Pineda Ugarte, Carlos Bram, Arturo Bram, Enrique Buk, Santiago Buk, Miguel Sánchez, Samuel Inestrosa Gómez e Ramón Escobar.
O club foi bautizado como “Nacional Olimpia”, en honra os xogos olímpicos da antiguedade no val de Olimpia, Grecia en 1896. Inicialmente, os socios fundadores do Olimpia formaron a institución para a práctica do béisbol. Este deporte, era naqueles tempos o máis popular de Honduras, pero có paso do tempo, o fútbol foi tomando un grande auxe no país, o que motivou os seus dirixentes a converter ó Olimpia, nunha institución futbolística.
O Club Deportivo Olimpia conquistou o seu primeiro título a nivel nacional en setembro de 1928. Naquela oportunidade, o cadro Albo representando á zona central, logrou impoñerse nunha serie final de tres encontros ó C. D. Marathón, campión da zona norte. Tras a final, creouse unha enorme rivalidade entre estes dous equipos e que se denomina como o “Clásico Nacional”.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.