Remove ads
equipo galego de fútbol From Wikipedia, the free encyclopedia
O Arsenal Club de Fútbol de Ferrol foi un club de fútbol galego da cidade de Ferrol fundado en 1931 como República Football Club. En 1981 converteuse en filial do Racing Club de Ferrol baixo a denominación de Ferrol Atlético, ata a súa desaparición en 1993.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
O club naceu na cidade de Ferrol, máis concretamente no barrio de Esteiro, en 1931 co nome de República Football Club .En 1936 tivo que cambia-lo nome por mor do novo réxime tralo golpe de Estado e elixiu o de Galicia Football Club. Para 1947 a situación do Galicia C.F. fixo que fora integrado nas seccións deportivas da Empresa Nacional Bazán. Esta integración trouxo un novo cambio de denominación, pasando a ser o Arsenal Club de Fútbol.
En 1976 o club pasou a ser o filial do Racing de Ferrol e en 1981, co peche da empresa, o Racing fíxose cargo, disolvéndose o Arsenal nel baixo o nome de Ferrol Atlético, ata a súa desaparición en 1993.
|
|
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.