4° papa da igrexa católica From Wikipedia, the free encyclopedia
Clemente I, logo coñecido como San Clemente, ou coas variantes Cremenzo e Crimenzo,[1] nado quizais en Roma e finado talvez en Gallípoli no ano 99, foi o cuarto papa da historia. Estivo de bispo de Roma dende o ano 91 ata a súa morte.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.) |
(década de 1000, Catedral de Santa Sofía de Kíiv) | |
Nome orixinal | (la) Clemens PP. I Romanus |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | século I Roma (Imperio Romano) |
Morte | 99 Quersoneso (Reino do Bósforo) |
Causa da morte | homicidio, execución por afogamento |
Lugar de sepultura | Basílica de São Clemente (pt) |
4º Papa | |
88 – 99 ← Anacleto – Evaristo → | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Lugar de traballo | Roma |
Ocupación | teólogo, sacerdote católico |
Período de tempo | Alto Imperio Romano |
Período de actividade | (Con vida en: século I ) |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 23 de novembro |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Pais | Tito Flávio Sabino e Arrecina |
Irmáns | Tito Flávio Sabino Tito Flávio Clemente Flavia Plautilla |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Vlastenský slovník historický (pt) Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron |
Moi pouco se sabe da súa vida. Chamado Clemente Romano, hai fontes que sitúan o seu nacemento en Roma, pero non é seguro. Se facemos caso de Ireneo de Lión debeu coñecer a Pedro e a Paulo, Tertuliano di que foi o propio Pedro quen o coroou bispo, e hai quen sinala que foi escollido papa logo da morte de Pedro, mais que renunciou, deixándolle o bispado romano primeiro a Lino e a Anacleto despois. Oríxenes di[2] que el é o Clemente que aparece como camarada de Paulo na epístola deste aos filipenses[3].
Hai algúns indicios de que era xudeu. A súa morte ten diferentes interpretacións: hai quen di[quen?] que morreu naturalmente en Roma ou en Grecia, e quen apunta, e esa é a teoría oficial apoiada pola Igrexa católica, que foi martirizado. Pero tampouco neste suposto coinciden as datas nin os lugares, e unhas apuntan a Gallípoli, na costa anatolia, onde fora exiliado por Traxano, e outras fontes o localizan en Quersonesos, en Crimea. Este martirio, que supostamente se produciu cando o botaron ao mar cunha áncora ao pescozo, ben puido ser o do cónsul romano Flavio Clemente. E aínda que Cirilo levou as súas supostas reliquias a Roma no ano 868 para a fundación da basílica de San Clemente, no Mosteiro das Covas de Kíiv reivindican que as súas reliquias (entre elas, a cabeza) as teñen gardadas eles.
Durante o seu pontificado producíronse revoltas contra os presbíteros en Corinto, o que probablemente fose o primeiro desacordo grave no seo da Igrexa. O papa Clemente escribiulles unha carta chamándoos á obediencia aos seis pastores e evocando a lembranza de Paulo e de Pedro, e conseguiu calmar o movemento. O que non conseguiu frear foron as primeiras discrepancias de fe, logo recoñecidas como herexías, dos gnósticos e dos ebionís, nin a represión contra os cristiáns dos emperadores Domiciano primeiro e Traxano despois.
Incluíu a palabra amén nos ritos, e reforzou, para frear a crise de Corinto, a estrutura xerárquica da Igrexa, establecendo a primacía para o bispado de Roma.
A súa obra máis importante, e quizais a única auténtica, é a Epístola aos corintios, que está considerado como o primeiro texto cristián logo do Novo Testamento, e que sitúa a Clemente Romano como o primeiro dos pais apostólicos. A obra está dividida en dúas partes: na primeira exhorta ao cumprimento das virtudes, e particularmente da obediencia e da humildade, e na segunda centra estes consellos xerais na resolución do conflito interno da comunidade cristiá de Corinto.
A principal achega da obra son os aspectos organizativos: dálles nome aos bispos, aos diáconos e aos presbíteros e establece que son nomeados polos apóstolos en nome de Cristo, e que polo tanto teñen que ser obedecidos plenamente polos fieis. Tamén son interesantes os testemuños sobre a vida de Pedro e Paulo, e os capítulos dedicados á resurrección dos mortos, punto teolóxico combatido polos pagáns, e onde inclúe referencias á ave fénix como símbolo da resurrección.
Ademais, atribuíronselle a el diversas obras, todas posteriores á súa morte.
Como todos os papas anteriores ao Edicto de Milán foi considerado santo, e ademais mártir. A súa festividade, tanto no rito occidental coma no oriental, é o 23 de novembro.
Clemente é representado tradicionalmente cunha áncora ou cun peixe, en referencia ao seu martirio.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.