O Club Baloncesto Ciudad de Huelva foi un club profesional de baloncesto español con sede na cidade de Huelva, Andalucía. Herdeiro do Huelva 76, o club foi fundado como Sociedade Anónima Deportiva en 1996, a primeira da provincia de Huelva. Desde a conversión en SAD, o club competiu principalmente na Liga LEB. O seu maior éxito foi o ascenso á Liga ACB despois de gañar a LEB en 1997. Desapareceu no verán de 2008 ao non poder inscribirse na Liga LEB por mor de problemas económicos.

Datos rápidos Información xeral, Fundación ...
Ciudad de Huelva
Thumb
Información xeral
Fundación 1976
Refundación 1996
Desaparición 2008
Historia Huelva 76 (1976−1996)
Cores           Branco, azul
Presidente España Francisco Bayo (último)
Localización
Cidade España Huelva, España
Pavillón Palacio de los Deportes
Capacidade 5 500
Campionatos
Liga LEB 1 (1997)
Pechar

Historia

O Caja Huelva

O CB Cidade de Huelva foi o herdeiro natural do Huelva 76, fundado en 1976 e que competiu na Terceira División (cuarta categoría do baloncesto nacional). En 1984 deu paso ao Caja Huelva,[1] que logrou ascender na temporada do seu debut (1984−85) cun elenco composto netamente por xogadores onubenses. O Caja Huelva logrou a permanencia o primeiro ano na 2ª División (o que hoxe sería a LEB Prata) e, ao ano seguinte, disputou o playoff polo ascenso á 1ª División B (actual LEB Ouro) que conseguiu un ano despois.

Coa estrea onubense na segunda categoría chegou o primeiro estranxeiro da historia do club, o ala-pivote estadounidense Voise Winters. Após un primeiro ano complicado, o Caja Huelva descende de novo tras perder (3-2) nun axustado playoff pola permanencia ante o Obradoiro. Porén, o club recibe a invitación para continuar en 1ª B na seguinte temporada, conseguindo facer esta vez unha mellor campaña e mesmo clasficándose ao playoff polo ascenso á Liga ACB. Na seguinte temporada, o Caja Huelva volve meterse nos playoffs polo ascenso á máxima categoría, de novo sen éxito.

O Monte Huelva

Para a temporada 1991−92, o club adopta unha nova denominación: El Monte Huelva, que sería utilizado até a fundación do CB Ciudad de Huelva e que resultou moi popular entre os afeccionados. Tanto é así que moitos seguidores continuaron referíndose ao club con ese nome até a súa desaparición. Con xogadores como o onubense Miguel Anxo Vilchez ou o estadounidense Tom Gneiting e o técnico Juan Llaneza, o Monte Huelva disputa os seus terceiros playoffs consecutivos buscando a liga ACB, sendo eliminados polo Prohaci Mallorca.

Na 1992/93, o Monte Huelva de Manuel Fernández Rei, "Pirulo", cadra a mellor tempada da súa historia e chega á última fase do playoff de ascenso, quedándose ás portas da liga ACB fronte ao CB Cornellà. Na temporada 1993−94, o Monte Huelva confíalle o banco ao recentemente retirado Quino Salvo con Sergio Valdeolmillos como o seu segundo; o técnico vigués guía ao equipo aos seus quintos playoffs de ascenso consecutivos, sendo eliminados polo Sant Josep de Badalona. No extradeportivo, comezaron os problemas económicos para a entidade e os atrasos nos pagos aos xogadores, que estiveron a piques de encerrarse como medida de protesta para esixir a súa nómina. Esa foi a última tempada da 1ª División "B".

A Federación Española de Baloncesto reestruturou as cetegorías do baloncesto español e creou a liga EBA, que pasaría a ser a segunda categoría, cuxa primeira edición sería a 1994−95. O Monte Huelva debutou nesta competición da man de Sergio Valdeolmillos, que afrontaba a súa primeira experiencia como primeiro adestrador. Tras unha campaña irregular, o Monte Huelva venceu nos playoffs pola permanencia ao Caja San Fernando, eludindo así o descenso de categoría. A temporada 1995−96 foi a última do club como Monte Huelva. Coa chegada de Ray Smith e unha masa social cada vez máis importante, o cadro onubense completa unha boa temporada e clasifícase para disputar a fase de ascenso en Lugo sen premio.

O Ciudad de Huelva

No verán de 1996 o Monte Huelva decide que non podía disputar a seguinte temporada debido ás dificultades económicas que atravesaba. O seu relevo levouno a cabo o CB Huelva, SAD, sendo a primeira Sociedade anónima deportiva da provincia. A estrea do novo club produciríase nunha nova categoría que tamén ía ver a luz ese ano, a liga LEB. O CB Huelva finalizou a temporada en cuarta posición, clasificándose para os playoffs de ascenso á liga ACB. En cuartos de final enfrontouse ao Viajes Aliguer, ao que superou por 3−0, e en semifinais ao BC Andorra, ao que superou por 3−2. Isto supuña o ascenso do club á máxima categoría. Na final, o Huelva venceu ao Alerta Cantabria e tivo a honra de converterse no primeiro campión da LEB.

O CB Huelva estreou denominación na temporada 1997−98, pasando a chamarse Ciudad de Huelva. O equipo de Sergio Valdeolmillos debuta na liga ACB no Pazo dos Deportes Paco Paz ante o Xacobeo 99 Ourense, perdendo por un 87-84. Granger Hall debutou coa camiseta onubense neste partido e sumou un dobre-dobre con 25 puntos, 12 rebotes e 38 de valoración. O debut como local tivo lugar na segunda xornada ante o Pamesa Valencia no Palacio de Deportes de Sevilla, pavillón do Caja San Fernando, xa que o Polideportivo Andrés Estrada non cumpría coas condicións para acoller partidos da ACB. No encontro, o Cidade de Huelva volveu caer por un igualado 67-71. A dinámica negativa do CB Cidade de Huelva prolongouse até o mes de novembro, con 11 derrotas en 12 partidos.

Na décimo terceira xornada, o Ciudad de Huelva impúxose no Nou Congost ao TDK Manresa, que ao cabo sería o campión daquela tempada. Con todo, o Ciudad de Huelva perdeu os catro seguintes partidos, finalizando a primeira volta na última posición co paupérrimo bagaxe de 2 vitorias e 15 derrotas. Isto o que propiciou a destitución do técnico Sergio Valdeolmillos, pasando José María Oleart a encabezar o banco onubense. Unha lixeira mellora leva ao club a finalizar en penúltima posición, ao que supoñía, en principio, uns playoffs pola permanencia máis sinxelos. Na eliminatoria tocoulles enfrontarse co factor cancha encontra ao CB Granada. No primeiro partido o Ciudad de Huelva consegue gañar da man de Devin Davis, que finalizou o partido con 28 puntos e 15 rebotes. Pese ao bo comezo, o club perde a eliminatoria e descende após un só ano na categoría.

Após o descenso, o Huelva mantense durante dez temporadas na liga LEB. Na décima temporada, a 2007−08, o equipo onubense finalizou a primeira volta cun balance de 10 vitorias por 7 derrotas. Porén, o equipo viuse obrigado a dar a carta de liberdade a numerosos xogadores pola imposibilidade de facer fronte ás súas nóminas polos graves problemas económicos que sufría a entidade. O Ciudad de Huelva acabou a temporada en duodécima posición, lonxe dos postos de descenso, a pesar de presentarse nas últimas xornadas con só seis xogadores (varios deles xuvenís). O 4 de xullo de 2008 o club anuncia a súa desaparición. Para substituír o club, naceu o CB Huelva la Luz coa idea de ocupar o baleiro deixado. Cómpre sinalar que se tratan de dous clubs completamente desligados.

Patrocinios

Por motivos de patrocinio, o club recibiu diferentes denominacións ao longo da súa historia.

  • Como Huelva 76
    • Huelva 76 (1976−1984)
    • Caja Huelva (1984−1991)
    • El Monte Huelva (1991−1996)
  • Como CB Huelva, SAD
    • CB Huelva (1996−1997)
    • CB Ciudad de Huelva (1997−2008)

Xogadores

Destacados

Adestradores

Destacados

Palmarés

LEB Oro

  • Campións (1): 1997

Historial

Máis información Ano, Nivel ...
Ano Nivel Liga Pos. V–D Copa do Rei Outras copas Competicións europeas
1996–97 2 LEB 24–13 Copa Príncipe
1997–98 1 ACB 17º 11–28
1998–99 2 LEB 12–17
1999–00 2 LEB 14º 9–21
2000–01 2 LEB 17–17
2001–02 2 LEB 18–17
2002–03 2 LEB 15º 13–22
2003–04 2 LEB 19–20
2004–05 2 LEB 27–16 Copa PríncipeSF
2005–06 2 LEB 16º 16–21
2006–07 2 LEB 21–20
2007–08 2 LEB Ouro 12º 14–20
Pechar

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.