From Wikipedia, the free encyclopedia
Cilene (ou en grego Κυλλήνη), tamén coñecida coma Xúpiter XLVIII, é unha lúa irregular retrógrada de Xúpiter. Foi descuberta por un grupo de astrónomos da Universidade de Hawaii encabezado por Scott S. Sheppard no ano 2003, e recibiu a designación temporal S/2003 J 13.[1][2]
Cilene ten uns 2 quilómetros de diámetro, e orbita Xúpiter a unha distancia media de 23,396 millóns de kms, tarda 731,099 días en completar unha órbita, ten unha inclinación de 140° con respecto á eclíptica (140° respecto do ecuador de Xúpiter), e posúe unha excentricidade orbital de 0,4116. Esta lúa pertence ó grupo de satélites Pasífae, un grupo de lúas retrógradas irregulares que orbitan ó redor de Xúpiter a unha distancia media de entre 22,8 a 24,1 millóns de kms, con inclinacións de entre 144,5° e 158,3°.
Recibiu oficialmente o seu nome en marzo do ano 2005, Cilene na mitoloxía grega era unha Naíade (ninfa da auga) ou unha Oréade (ninfa das montañas) que estaba asociada ó Monte Cilene, Grecia.[3] Era tamén filla de Zeus.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.