From Wikipedia, the free encyclopedia
Chang'e 5-T1 foi un satélite de demostración tecnolóxica para unha sonda lunar chinesa de retorno de mostras. Foi lanzada o 23 de outubro de 2014 mediante un foguete CZ-3C desde o centro de lanzamento de Xichang.[1][2][4][5]
Chang'e 5-T1 | |
---|---|
Tipo | Demostrador tecnolóxico |
Contratistas principais | CAST |
Data de lanzamento | 23 de outubro de 2014[1][2][3] |
Foguete portador | CZ-3C[2][4] |
Sitio de lanzamento | Centro de lanzamento de Xichang[2][3][4][5] |
Obxectivo da misión | Demostrador tecnolóxico de sonda lunar.[2][3][4][5] |
Decaemento | 31 de outubro de 2014[1] |
NSSDC ID | 2014-065A |
Chang'e 5-T1 foi lanzada a unha órbita lunar de retorno libre para probar a tecnoloxía, técnicas e dispositivos necesarios para traer de volta da Lúa unha mostra da superficie.[5][4][2]
A nave estaba composta por un bus e unha cápsula de retorno para simular unha misión real á superficie lunar. Á volta da súa órbita desde as proximidades da Lúa a cápsula de retorno separouse do bus e reentrou na atmosfera terrestre, aterrando en paracaídas e demostrando que funcionaba tal como estaba previsto. O bus tiña forma cúbica, de 2,0 x 1,7 x 2,2 m e está baseado no bus DFH-3, usando un par de paneis solares para xerar enerxía. Nun dos laterais do bus atopábase a cápsula de retorno con forma hemisférica e uns 335 kg de masa.[5][4][2]
Chang'e 5-T1 foi posta en órbita mediante un foguete Longa Marcha 3C e inxectada nunha órbita translunar, achegándose a un mínimo de 11.300 km da Lúa o 27 de outubro e volvendo cara a Terra. A uns 5000 km da Terra a cápsula separouse do bus, facendo unha reentrada dobre o 31 de outubro coa finalidade de disipar enerxía no primeiro contacto coa atmosfera (a unha velocidade duns 11 km/s) para reentrar definitivamente a menor velocidade. A cápsula foi recuperada en Siziwangqi, na Mongolia Interior. O bus quedou en órbita tras pasar preto da Terra. Tras un par de manobras posicionouse no punto de Lagrange L2 do sistema Terra-Lúa para despois abandonalo e entrar en órbita lunar a unha altura de 200 km para facer diversas probas.[5][4][2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.