Celomados
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os celomados (Coelomata) son animais triblásticos con celoma, polo menos durante as fases embrionarias. Nestes animais o mesoderma fai un oco e no seu interior fórmase unha cavidade, chamada celoma, que forma a cavidade xeral interna do animal.
Celomados | ||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Heterometrus spinifer é un celomado | ||||||||
Clasificación científica | ||||||||
| ||||||||
Superfilos | ||||||||
|
Existen outros animais que carecen de cavidade corporal (acelomados) e outros que non teñen un verdadeiro celoma senón un blastocele persistente (pseudocelomados).
Tipos de celomados
Segundo a orixe da cavidade celomática, distínguese dous tipos de celomados:
- Esquizocelomados. O celoma fórmase por esquizocelia, é dicir, a partir de agrupacións de células no interior da gástrula.
- Enterocelomados. O celoma fórmase por enterocelia, é dicir, invaxinacións do arquénteron, que é o futuro tubo dixestivo.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.