From Wikipedia, the free encyclopedia
A cavatina (diminutivo da palabra italiana cavata, extracción) é a aria coa que se presentan en escena os personaxes, e polo tanto tamén os cantantes, nas óperas italianas. En voga sobre todo no século XIX, é coñecida tamén como aria de saída.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2020.) |
A estrutura en dous tempos da cavatina do século XIX, na que se quixo recoñecer un tratamento formal característico, é en realidade a forma típica da aria na ópera italiana da primeira metade do século. En todo caso, o que require unha cavatina é unha escritura vocal esixente, que permita ao cantante mostrar as súas habilidades ao público ante o que se presenta.
Ás veces, no século XVIII, o termo cavatina foi empregado como diminutivo de cavata, forma do século XVII de diverso significado.
Na ópera francesa do século XIX empregouse tamén, de xeito excepcional, o termo "cavatine"
A Galipedia ten un portal sobre: Ópera |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.