Castelo da Lúa

construción militar en Rianxo From Wikipedia, the free encyclopedia

Castelo da Lúamap

O castelo da Lúa é un sitio arqueolóxico conformado polos restos dun castelo medieval situado ao carón da praia da Torre e o seu paseo marítimo, e habilitado para a súa visita libre.

Datos rápidos Concello, Provincia ...
Castelo da Lúa
Thumb
ConcelloRianxo
ProvinciaA Coruña
Comunidade
autónoma
Galicia
Coordenadas42°39′46″N 8°48′54″O
Estilo arquitectónico
Estilo orixinalrománico (século XIII)
Estilo actual? (En ruínas)
Estado actualVisita libre
Véxase tamén
Castelos de Galicia
[ editar datos en Wikidata ]
Pechar

Situación

Sitúase no lugar do Pazo, na parroquia de Santa Comba, Rianxo.[1] Está nas inmediacións da praia da Torre, na punta da Torre, tamén coñecida como A Salgueiriña.

Historia

O castelo foi erixido, probablemente no século XIII, por Pai Gómez Chariño, pasando máis tarde a formar parte do patrimonio da Orde do Temple e despois do da arquidiocese compostelá. Derrubado polos irmandiños ó redor do ano 1465 e reedificado novamente por Sueiro Gomes de Soutomaior, bisneto do anterior.

As novas conservadas sinalan o ano 1480 como o ano no que foi novamente derrubado polo gobernador real Fernando de Acuña. Dende entón ata 1532 as ruínas do castelo foron empregadas como cárcere, ata que nese ano a súa xurisdición pasa ao arcebispo Alonso II de Fonseca, novo señor da zona.

Quedando a fortaleza arruinada no ano 1600 as ruínas foron espoliadas para realizar no ano 1740 o campanario da igrexa de Santa Comba de Rianxo, así como distintas construcións na comarca e arredores.

Escavacións arqueolóxicas

No verán do ano 2001 o equipo dirixido por A. Bonilla Rodríguez realizou traballos de escavación que lles permitiron comprobar que a construción tiña planta trapezoidal cunha muralla exterior, xa desaparecida, reforzada no lado sur por un foso, e unha segunda muralla interna. No seu interior situábase a torre da homenaxe complementada por dous baluartes laterais.

No ano 2007 realizáronse novas escavacións e traballos de consolidación e limpeza do destapado en campañas anteriores. Os traballos centráronse na fachada dianteira e no espazo existente entre a segunda muralla e o foxo. Durante os traballos atopouse abondoso material cerámico (datado entre os séculos XI ao XIII): olas, cuncas, vasos, xerras, botellas, potes ou testos, e tamén un total de oito moedas.

Situación actual

Na actualidade quedan soamente os vestixios do que noutrora fora unha das fortalezas militares maiores de Galiza, da que hoxe en día poden verse os cimentos da localización orixinal, na punta da Praia da Torre (nomeada así por mor da presenza do castelo), na desembocadura do río Té.

A administración autonómica ten programado continuar o estudo do sitio e anunciou unha nova campaña para o ano 2008.[2]

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.