From Wikipedia, the free encyclopedia
O castelo cartuxa de Vallparadís (en catalán: Castell cartoixa de Vallparadís) é unha antiga edificación de Terrasa que se atopa a carón do torrente de Vallparadís. Dende 1959 é a sección principal das seis que conforman o Museo de Terrasa. Accédese a el polo parque de Vallparadís e pola rúa Salmerón.
Castelo Cartoixa de Vallparadís | |
---|---|
ben de interese cultural e Ben Cultural de Interese Nacional | |
Concello | Terrasa |
Provincia | Provincia de Barcelona |
Comunidade autónoma | Cataluña |
Coordenadas | 41°33′53″N 2°01′08″L |
Estilo arquitectónico | |
Estilo orixinal | Gótico (século XII) |
Estado actual | Ben conservado |
Véxase tamén | |
Castelos de Cataluña | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O primeiro rexistro dunha fortificación a carón do torrente de Vallparadís atópase nun documento de 1110, cando Berenguer de Sanlà e a súa muller Ermessendis compran ó conde de Barcelona, Ramon Berenguer III, unhas terras para construír a súa residencia señorial. O castelo de Vallparadís pertenceu dende entón a esta familia, que adoptou o apelido de Terrasa, até 1344, no que Blanca de Centelles, filla de Bernat de Centelles e de Saurina de Terrassa, cede o castelo a monxes cartuxos de Escaladei e da súa filial de Sant Pol de Mar, que para a súa nova función de mosteiro, introduciron reformas importantes, como a creación do claustro no antigo patio de armas, a sala capitular e a capela.
Como cartuxa de Sant Jaume de Vallparadís subsistirá até 1413, intre no que a comunidade se traslada a Tiana, na nova cartuxa de Montalegre. Ese ano pasa a mans dos carmelitas do Hospital de la Santa Creu de Barcelona e, máis adiante, é adquirida por Jofre de Sentmenat en 1432. Os Sentmenat foron os señores de Vallparadís até 1830, ano no que este territorio pasou a estar baixo a xurisdición do concello de Terrasa. O antigo castelo, daquela convertido en masía, sería adquirido en 1852 pola familia Maurí. En 1944, foi declarado monumento histórico, e en 1947, os Maurí cedéronllo ó Concello da cidade, que, despois dunha intensa camapaña de restauración e reconstrución do arquitecto Alexandre Ferrant, o converteu en parte do Museo de Terrassa en 1959.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Castelo cartuxa de Vallparadís |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.