Casa da Parra
construción civil en Santiago de Compostela From Wikipedia, the free encyclopedia
construción civil en Santiago de Compostela From Wikipedia, the free encyclopedia
A casa da Parra é un edificio de finais do século XVII situado na praza da Quintana de Santiago de Compostela. Foi deseñado por Domingo de Andrade.
Casa da Parra | |
---|---|
Casa da parra, na Praza da Quintana. | |
Edificio | |
Tipo | Pazo urbano |
Estilo | barroco galego |
Enderezo | Praza da Quintana, 1 |
Localización | Santiago de Compostela |
Coordenadas | 42°52′51″N 8°32′37″O |
Construción | |
Construción | século XVII |
Remate | 1683 |
Remodelación | século XX |
Dimensións | |
Plantas | planta terrea e sobrado, segundo andar engadido |
Equipo | |
Arquitecto(s) | Domingo de Andrade |
[ editar datos en Wikidata ] |
O edificio é de fábrica de cantaría de granito con cuberta de tella. Consta de planta terrea e un sobrado. No século XX foi obxecto de reformas, no que se lle engadiu a balaustrada superior e un segundo andar máis. O último andar remata coa balaustrada e un balcón.
Destaca pola riqueza da ornamentación: as oito gárgolas da cornixa, as métopas, as ménsulas e os canzorros labrados na parte inferior do balcón e a decoración a base de acios que enmarcan as portas inferior e superior do lado dereito e dan nome á casa. A gran cheminea acubada é unha das máis emblemáticas da cidade. Tamén ten unha representación do home verde. Na actualidade funciona como sala de exposicións adicada a autores galegos e sede do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral.
No balcón da Casa da Parra hai unha cámara web da CRTVG, que renova a imaxe cada dous segundos e abrangue aproximadamente un ángulo de visión de 90º.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Casa da Parra |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.