director de cinema inglés From Wikipedia, the free encyclopedia
Carol Reed, nado en Londres o 30 de decembro de 1906 e finado na mesma cidade o 25 de abril de 1976 foi un director de cinema inglés.
Fillo ilexítimo dun actor e produtor, comezou unha carreira na interpretación sendo un adolescente, para logo traballar como axudante de director.
Comezou a ser recoñecido como director a partir de The Stars Look Down e durante a segunda guerra mundial traballou como cineasta ao servizo do exército británico.
Ao remate da guerra dirixiu tres das súas películas máis célebres: Odd Man Out, The Fallen Idol e The Third Man, Palma de Ouro en Cannes. As dúas últimas foron realizadas a partir de guións de Graham Greene.
Nos Estados Unidos dirixiu películas como Trapeze e O tormento e a éxtase. En 1968 dirixiu o filme Oliver!, co que recibiu o oscar ó mellor director.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.