From Wikipedia, the free encyclopedia
O Pistoia Basket 2000, actualmente coñecido como Giorgio Tesi Group Pistoia por motivos de patrocinio, é un equipo de baloncesto profesional italiano da localidade de Pistoia, Toscana. Fundado en 2000, actualmente compite na Serie A2 Basket, segunda categoría do baloncesto transalpino.
Giorgio Tesi Group Pistoia | |
Información xeral | |
---|---|
Liga | Serie A2 |
Fundación | 2000 |
Cores | Vermello, branco |
Presidente | Roberto Maltinti |
Adestrador | Vincenzo Esposito |
Patrocinador | Giorgio Tesi Group |
Localización | |
Cidade | Pistoia, Italia |
Pavillón | PalaCarrara |
Capacidade | 3 916 |
Inauguración | 1988 |
pistoiabasket2000.com |
O equipo nace como Libertas en tempos da posguerra, converténdose no Olimpia Basket Pistoia a mediados dos anos 1970. Acandan a Serie B en 1984, a Serie A2 en 1987 e finalmente a A1 en 1992,[1] chegando a participar na Copa Korać en 1997, onde chegaron aos oitavos de final. No ano 2000, tras non poder manterse por motivos económicos, o club reconstrúese partindo das categorías inferiores, coa nova denominación de Pistoia Basket 2000. Disputan a Serie B até 2007, cando logran o ascenso á Legadue, a vella segunda división italiana. En 2013, tras finalizar segundos na liga regular e gañar os play-off, os pistoiesi lograron o ascenso á Serie A.
Ao longo dos anos, debido a motivos de patrocinio, o equipo foi coñecido como:
Temporada | Nivel | Liga | Pos. | Playoff | Europa |
---|---|---|---|---|---|
2010–11 | 2 | LegaDue | 8 | – | – |
2011–12 | 2 | LegaDue | 2 | Campión | – |
2012–13 | 2 | LegaDue | 2 | Subcampión | – |
2013–14 | 1 | Serie A | 8 | Cuartofinalista | – |
2014–15 | 1 | Serie A | 9 | – | – |
2015–16 | 1 | Serie A | 6 | Cuartofinalista | – |
2016–17 | 1 | Serie A | 7 | Cuartofinalista | – |
2017–18 | 1 | Serie A | 13 | – | – |
2018–19 | 1 | Serie A | 15 | – | – |
2019–20 | 1 | Serie A | 15 | – | – |
2020–21 | 1 | Serie A2 | 16 | Cuartofinalista | – |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.