aristócrata francés From Wikipedia, the free encyclopedia
Carlos IV de Valois, duque de Alençon, nado en Lión o 2 de setembro de 1489 e finado na mesma cidade o 11 de abril de 1525, foi un príncipe sanguíneo da casa dos Valois. Foi cuñado do rei Francisco I de Francia e o seu máis próximo herdeiro na orde de sucesión ao trono de Francia. Falecido sen descendencia, é o último representante da rama dos Valois-Alençon.
Nome orixinal | (fr) Charles IV d'Alençon |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 2 de setembro de 1489 Lión, Francia |
Morte | 11 de abril de 1525 (35 anos) Lión, Francia |
Governor of Brittany (en) | |
Actividade | |
Ocupación | aristócrata |
Outro | |
Título | Duque |
Familia | Dinastía Valois |
Cónxuxe | Margarida de Angulema (1509 (Gregoriano)–) |
Pais | Renato de Alençon e Margaret of Lorraine |
Irmáns | Anne d'Alençon Francisca de Alençon |
Carlos IV de Alençon era fillo de Renato, duque de Alençon e conde de Perche, e da beata Margarida de Lorena-Vaudémont.
En 1497, á morte do seu bisavó Carlos I de Armagnac, herdou os dereitos sobre os condados de Armagnac e Fésenzac (co vizcondado de Fesenzaguet) e o condado de Rodez (no cal tiña o título de Carlos II).
Fixo a súa primeira campaña en 1507 en Italia ás ordes de Lois XII de Francia, especialmente durante o cerco de Xénova. Acompañouno de novo en 1509 e loitou en Agnadel e participou na toma de Bérgamo, Caravaggio, Borromeo e Cremona.
Casou en 1509 con Margarida de Angulema, filla de Carlos de Orleáns, conde de Angulema e de Luísa de Savoia, irmá máis vella de Francisco I de Francia. Non tiveron fillos.
O seu cuñado converteuse en rei en 1515 e marchou de novo a Italia, loitou en Marignano e logo defendeu Champaña en 1521 contra unha expedición de Carlos V.
En 1525 loitou en Pavia e, despois da captura do rei, comandou o exército francés. Afectado pola derrota, acusado de abandonar o rei, enfermou e morreu. A súa viúva Margarida de Angulema sucedeuno, separando á súa cuñada Francisca (irmá de Carlos IV) da sucesión. Francisca aparece en 1534/1543 como baronesa de Sainte-Suzanne e o vizcondado foi erixido en ducado en 1543.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.