Carlos Alonso del Real
historiador español From Wikipedia, the free encyclopedia
historiador español From Wikipedia, the free encyclopedia
Carlos Alonso del Real Ramos, nado en Madrid o 2 de maio de 1914 e finado o 11 de xaneiro de 1993, foi catedrático de Prehistoria e Etnografía ligado a Galiza.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Carlos Alonso del Real Ramos 2 de maio de 1914 Madrid, España |
Morte | 11 de xaneiro de 1993 (78 anos) |
Catedrático de universidade | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade Central |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, historiador |
Empregador | Universidade Complutense de Madrid (1981–) Universidade de Santiago de Compostela (1955–1981) |
Profesores | Julio Martínez Santa-Olalla |
Participou en | |
1933 | Cruceiro universitario polo Mediterráneo de 1933 |
Obra | |
Doutorando | María del Rosario Castells Vila |
Descrito pola fonte | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada |
Cursou os seus estudos superiores na Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Madrid (1931-1936). Doutorouse en Filoloxía Clásica en 1940. Foi profesor de latín no Instituto Cardeal Cisneros (1939), e de aí pasou á Universidade de Madrid, onde ensinou Historia Primitiva e lingua grega (1939-1941), ademais de exercer como conservador do Museo do Seminario de Historia Primitiva desde 1942 até 1954.
En 1954 pasou a ostentar a cátedra de Prehistoria e Etnoloxía na Universidade de Santiago de Compostela, na que foi vicedecano da Facultade de Filosofía e Letras desde 1956 a 1965. Cultivou o xornalismo entre os anos 1937 e 1955.
Foi académico correspondente da Real Academia da Historia e colaborou co Instituto de Estudos Políticos. Pertenceu á Orde de Mehdauia, á de Cisneros e contou con varias condecoracións por méritos de guerra. Estivo casado con María Ana Manteola Cabeza.
Tamén escribiu en lingua galega, como no caso dun prólogo para o libro Fala o fistor e fáise o dia, de Martine Roux.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.