Remove ads
rexión militar de España From Wikipedia, the free encyclopedia
A Capitanía Xeneral de Galicia coñecida tamén como VIII Rexión Militar ten a súa orixe no reinado dos Reis Católicos, cando foi creada para substituír o cargo de Adiantado Maior do Reino da Baixa Idade Media e os condes da Alta Idade Media.[1]
VIII Rexión Militar Capitanía Xeral de Galicia | |
Capital | A Coruña |
Comunidade Autónoma | Galicia |
O primeiro en ostentar o cargo de Gobernador e Capitán Xeneral de Galicia foi Fernando de Acuña y de Herrera, nomeado polos Reis Católicos en 1480 co obxectivo de pacificar un reino conflitivo e permanentemente en pé de guerra. Por Real Cédula do 3 de agosto de 1480, os Reis nomean a Fernando de Acuña e a Garci López de Chinchilla «nuestros jueces en todo el dicho reyno de Galicia, en quanto nuestra merced e voluntad fuere», con atribucións amplas esencialmente xudiciais, pero tamén de goberno por canto tiña a autoridade propia dun período de excepción[2]. O cabido de Santiago, nun acordo do 12 de marzo de 1481, cualifica a Fernando de Acuña de visorey.[3]
O primeiro Gobernador do Reino de Galicia que levou explicitamente o título de Capitán Xeneral foi Pedro López de Ayala en 1521,[4] aínda que non lle reportou máis poderes dos que xa tiña.[4]
O Capitán Xeneral e Gobernador de Galicia tiña a función de coñecer e sentenciar as causas civís ou criminais. Tamén tiña o poder para desterrar calquera persoa que crese necesario, nomear xuíces e corrixidores, o levantamento en armas dunha ou máis comarcas e a esixencia do concurso de toda a xente de guerra.[1] Tamén tiña o cargo de Presidente da Real Audiencia de Galicia, o que provocou disputas entre A Coruña e Santiago de Compostela por quedar coa residencia do Gobernador.[1] Finalmente, o rei Filipe II decidiu, mediante Real cédula de 14 de agosto de 1564 que a Capitanía Xeneral fose trasladada á cidade da Coruña.[1]
Os Capitáns Xenerais tiveron pois ocasión de, actuando en nome do Real Servizo que era o seu cometido principal, combater en numerosas ocasións xunto ao pobo galego na defensa de cidades, pobos e do territorio de Galicia e promover investimentos de todo tipo en obras militares e civís, tanto para modernizar defensas de portos e fronteiras de Galicia e dotar a este territorio dunha máis adecuada infraestrutura castrense, como para mellorar comunicacións e contribuír a racionalizar urbanismos nalgunhas cidades.[4]
A división de España en Capitanías Xenerais data de 1705, cando se axustaron aos antigos reinos que constituían a Monarquía Hispánica. Tratábanse de trece rexións: Andalucía, Aragón, Burgos, Canarias, Castela a Vella, Cataluña, Estremadura, Galicia, Costa de Granada, Guipúscoa, Mallorca, Navarra e Valencia.
En 1898 volveuse a dividir o territorio peninsular en sete novas Rexións Militares, á vez que se constituíron as Comandancias Xenerais de Baleares, Canarias, Ceuta e Melilla.
Trala proclamación da Segunda República, un decreto gobernamental disolveu as rexións militares que foron substituídas polas Divisións Orgánicas.[5] En xullo de 1936, desempeñaba a xefatura da VIII División Orgánica o xeneral Enrique Salcedo Molinuevo. En xullo de 1939, tras finalizar a Guerra Civil Española quedan restablecidas as rexións militares. Á VIII Rexión asígnase o VIII Corpo de Exército con dúas divisións: a 81.ª (A Coruña) e a 82.ª (Lugo).[6]
Comprendía as catro provincias galegas: A Coruña, Lugo, Orense e Pontevedra.
A Rexión Militar responde xa a un modelo de defensa territorial histórico posto que desde 2002 as Forzas Armadas españolas organízanse en unidades tácticas en función dos cometidos e misións asignados.[7]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.