templo relixioso en Vilariño (Cambados) From Wikipedia, the free encyclopedia
A capela de Santo Antón de Vilariño, tamén chamado de Santo Antón Polín ou Ponín, é un pequeno templo católico da parroquia de Vilariño (Cambados), localizado no lugar da Modia. Ao seu carón atópase a casa reitoral, hoxe en día abandonada. Hai séculos albergaba un hospital para necesitados, xestionado por franciscanos da Terceira Orde[Cómpre referencia].
Capela de Santo Antón de Vilariño | |
---|---|
Fachada | |
País | España |
Localización | A Modia (Vilariño, Cambados) |
Coordenadas | 42°31′00″N 8°48′00″O |
[ editar datos en Wikidata ] |
Cada 17 de xaneiro celébrase no seu campo da festa unha concorrida romaría na que se fai unha poxa de pezuños de porco e, ultimamente, galos e coellos doados polos veciños [1], en lembranza das tentacións que sufriu Santo Antón no deserto no que viviu retirado.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.