From Wikipedia, the free encyclopedia
Canal Super3 é unha canle de Televisió de Catalunya, a emisora pública de Cataluña, dedicada ao público infantil e xuvenil. Comezou a emitir o 18 de outubro de 2009 en substitución do K3.
Canal Super3 | |
---|---|
Inicio das emisións | 18 de outubro de 2009 |
Propiedade de | CCMA |
Formato da imaxe | 16:9 |
Datos de audiencia | 1,5% (outubro de 2012, TV3) |
País | España |
Lingua | Catalán |
Área de emisión | Cataluña Illas Baleares Andorra Pireneos Orientais |
Sede central | Sant Joan Despí |
Canle que substitúe | K3 |
Canle/s irmá(s) | TV3 El 33 Esport 3 3/24 3XL TV3CAT TV3HD |
Na rede | |
www |
O nome da canle baséase no programa infantil máis popular da cadea, Club Super3, en emisión desde 1991.
Coa chegada do apagamento analóxico no ano 2010, Televisió de Catalunya remodela a súa oferta na televisión dixital terrestre. Entre outros cambios, decídese modificar a oferta de programación infantil e xuvenil, e substituír a canle K3. Anteriormente, existiu unha canle coa mesma denominación que emitiu na plataforma Vía Dixital. A inauguración da canle tivo lugar durante La Festa dels Súpers, o 18 de outubro de 2009.
A diferenza de K3, que estaba ideado a un público infantil e xuvenil, a programación de Super3 está enfocada a un público de idade inferior aos 9 anos. Ademais dos programas cos que xa se contaba antes, á programación chegaron outros espazos como a serie nipoa Blue Dragon.
A programación non está diferenciada por bloques específicos, polo que desapareceron espazos como 3xl.cat.
Este artigo sobre televisión é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.