O Campionato Brasileiro de Serie A (popularmente tamén chamado Brasileirão) é a primeira división da liga de fútbol no Brasil. Fundado en 1971, o campionato está composto actualmente por 20 equipos, que disputan 38 xornadas entre maio e decembro, xogando tódolos equipos dúas veces entre si cada tempada, unha como locais e outra como visitantes. Este torneo está situado no calendario a continuación dos campionatos estatais, tales como o Paulista ou o Carioca, que son os máis importantes.
Tipo | liga de fútbol |
---|---|
Organizador | Confederación Brasileira de Fútbol |
Liga inferior | Campeonato Brasileiro de Futebol - Série B (pt) |
Número de participantes | 20 |
Localización e Datas | |
País | Brasil |
Vixencia | 1959 – |
Calendario da tempada | maio – |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Datos estatísticos | |
Partidos | 760 |
Outro | |
Páxina web oficial | brasileirao.cbf.com.br |
En 2011 a IFFHS colocou ó Brasileirão no 3º posto da súa clasificación das ligas máis fortes do mundo. O actual campión do torneo é o Palmeiras, da cidade de São Paulo, que é ademais o equipo máis laureado da competición, con 11 títulos.
Equipos
- Artigo principal: Campionato Brasileiro Série A 2015.
O Brasileirão coroa como campión do Brasil ó equipo que remata primeiro na táboa ó remate das 38 xornadas. Ese equipo e os 3 seguintes acadan ademais o dereito a competir na seguinte edición da Copa Libertadores, a máxima competición continental en Suramérica a nivel de clubs. Cando o campión da Copa Libertadores ou da Copa do Brasil remata ese mesmo ano a liga entre os 4 primeiros postos da táboa, a súa praza para a seguinte Copa Libertadores pasa ó seguinte equipo da táboa. Pola contra, os 4 últimos equipos da clasificación descenden de categoría. Os 20 equipos que disputarán a liga na tempada 2015 son:
|
|
Palmarés
O Campionato Brasileiro, nos seus distintos formatos, naceu como tal en 1971. Non obstante, a Confederación Brasileira de Fútbol tomou a decisión de converter en oficiais tamén ós antigos torneos da Taça Brasil (1959-1968) e Torneo Roberto Gomes Pedrosa (1967-1970), de tal xeito que o palmarés do Campionato Brasileiro é o seguinte:
Títulos | Equipo | Tempadas |
---|---|---|
11 | Palmeiras | 1960, 1967, 1967, 1969, 1972, 1973, 1993, 1994, 2016, 2018, 2022 |
8 | Santos | 1961, 1962, 1963, 1964, 1965, 1968, 2002, 2004 |
7 | Corinthians | 1990, 1998, 1999, 2005, 2011, 2015, 2017 |
7 | Flamengo | 1980, 1982, 1983, 1992, 2009, 2019, 2020 |
6 | São Paulo | 1977, 1986, 1991, 2006, 2007, 2008 |
4 | Cruzeiro | 1966, 2003, 2013, 2014 |
4 | Vasco da Gama | 1974, 1989, 1997, 2000 |
4 | Fluminense | 1970, 1984, 2010, 2012 |
3 | Internacional | 1975, 1976, 1979 |
2 | Bahia | 1959, 1988 |
2 | Botafogo | 1968, 1995 |
2 | Grêmio | 1981, 1996 |
2 | Atlético Mineiro | 1971, 2021 |
1 | Guarani | 1978 |
1 | Coritiba | 1985 |
1 | Sport | 1987 |
1 | Atlético Paranaense | 2001 |
Estatísticas
- Os equipos con máis participacións no Campionato Brasileiro son o Grêmio e o Santos, que entre 1959 e 2022 disputaron 62 tempadas no torneo. Séguenos o Cruzeiro, o Atlético Mineiro e o Palmeiras, con 59; e o Botafogo e o Flamengo, con 57.
- O máximo goleador da historia da competición é Roberto Dinamite, que anotou 190 goles defendendo as cores do Vasco da Gama e da Portuguesa nos anos 70 e 80. Ségueo na clasificación Fred, autor de 157 goles con Cruzeiro, Fluminense e Atlético Mineiro. Os seguintes na clasificación son Romário (154), Edmundo (153), Zico (135) e Túlio (129).
- A cidade que concentra unha maior cantidade de campionatos é São Paulo, cuxos equipos gañaron 24 ligas. Séguea Río de Xaneiro con 17 ligas, Santos con 8, Belo Horizonte con 6 e Porto Alegre con 5.
- Os equipos que representan ó campionato brasileiro na Copa Libertadores teñen gañado 22 veces a máxima competición continental, índice no cal a liga brasileira só é superada polo campionato arxentino, cuxos equipos foron campións 25 veces. Na terceira posición está a liga uruguaia, con 8 Copas Libertadores.
- Os equipos brasileiros acadaron o máximo título mundial a nivel de clubs en 10 ocasións (6 Copas Intercontinentais e 4 Copas Mundiais de Clubs), índice no cal son superados unicamente polos equipos españois (11 títulos).
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.