futbolista galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Camilo Liz Salgado, nado en Ourense o 17 de marzo de 1913 e finado en Cádiz o 13 de agosto de 2009, foi un futbolista e adestrador de fútbol galego. Xogaba de extremo esquerdo.
Liz | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Camilo Liz Salgado | ||
Nacemento | 17 de marzo de 1913 | ||
Lugar de nacemento | Ourense | ||
Falecemento | 13 de agosto de 2009 | ||
Lugar de falecemento | Cádiz | ||
Posición | Dianteiro | ||
Carreira xuvenil | |||
Burgas | |||
Celta de Vigo | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1931–1933 | Atlético de Madrid | 9 | (0) |
1932–1933 | → Ferroviaria (cedido) | ||
1934–1936 | → Malacitana (cedido) | 34 | (3) |
1936–1937 | Lugo Sporting | ||
Celta de Vigo | |||
1939–1940 | Cádiz | 13 | (5) |
1940–1942 | Granada | 53 | (12) |
1942–1946 | Sporting de Gijón | 71 | (18) |
1946–1947 | Cádiz | ||
Adestrador | |||
1943 | Sporting de Gijón | ||
1952–1953 | Balompédica Linense | ||
1959–1960 | Cádiz | ||
1960–1962 | Castellón | ||
1962–1963 | Lugo | ||
1969–1970 | Eldense | ||
1971–1972 | Xerez | ||
1973–1974 | Cacereño | ||
1975–1976 | Castellón | ||
1977–1978 | Castellón | ||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Comezou a xogar no Burgas da súa cidade natal e con apenas 13 xa viaxou co Celta de Vigo a un amigábel en Porto ante o Belenenses, dende aquela xogaría moitos encontros co equipo céltico en calidade de préstamo.
Co gran potencial que tiña foi fichado polo Atlético de Madrid, de onde marchou cedido a CD Málaga e Celta de Vigo, porén o golpe de estado do exército contra o goberno da República e o comezo da guerra civil cortou a súa progresión.
Coa reanudación das competicións oficiais na tempada 1939/40 fichou polo Club Deportivo Mirandilla de Cádiz, posteriormente este club pasaría a chamarse Cádiz CF, sendo Camilo Liz o autor do primeiro tanto do novo club, ante o Sevilla FC.
Ao ano seguinte fichou polo Granada CF onde xogou ata 1942, nese tempo acadou o ascenso a Primeira División e debuta na máxima categoría cun moi bo papel, o que fai que sexa convocado coa Selección española de fútbol para xogar ante Alemaña, Italia e Francia, porén unha enfermidade de última hora fai que non poida acudir.
Ao final desa tempada ficha polo Sporting de Gijón, onde xoga catro tempadas e co que tamén acada o ascenso á máxima categoría. No Sporting logrou a cifra de 9 goles directos de corner.
O 10 de outubro de 1946 fichou de novo polo Cádiz CF, por aquel entón en Terceira División. Ao final desa tempada a causa da enfermidade de seu pai rescinde o contrato e regresa a Galiza, dende aquela so volvería xogar a fútbol en encontros de amigábeis.
Unha vez retirado desenvolveu o labor de adestrador polos bancos de Cádiz CF, Balompédica Linense, Algeciras CF, Racing Club Portuense, Recreativo de Huelva, Cacereño, Xerez CD, CD Lugo, Atlético Tetuán e AD Ceuta.
Dirixiu tanto en Segunda como en Terceira ou Segunda División B como ao CD Lugo, levándoo á fase de ascenso a Segunda na tempada 1962/63.[1]
Na súa etapa no Tetuán foi proposto como adestrador da Selección de fútbol de Marrocos pero tivo que renuncias a causa dunha enfermidade que o obrigou a regresar á España.
Nos anos posteriores desenvolveu o seu labor de xerente e secretario técnico. Estivo no Castellón 14 anos, nos que alternou ese traballo co banco do club en varias ocasións. Na tempada 1980/81 volveu ao Cádiz de maneira provisional, dándose a casualidade de que ambos equipos acadaron o ascenso a Primeira División. Porén Camilo desvinculouse do Castellón e fichou definitivamente polo Cádiz CF. No club gaditano sempre se lle recordará por ser a persoa que fichou a Jorge González Barillas, Mágico González.
Posteriormente tamén dirixiu o Xerez CD.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.