From Wikipedia, the free encyclopedia
O cambio climático e o xénero son un xeito de interpretar os impactos dispares do cambio climático sobre homes e mulleres, baseado na construción social dos roles e relacións de xénero.
O cambio climático aumenta a desigualdade de xénero, [1] reduce a capacidade das mulleres para ser independentes financeiramente, [2] e ten un impacto negativo global sobre os dereitos sociais e políticos das mulleres, especialmente en economías fortemente baseadas na agricultura. En moitos casos, a desigualdade de xénero significa que as mulleres son máis vulnerables aos efectos negativos do cambio climático.[3] Isto débese aos roles de xénero, especialmente no mundo en desenvolvemento, o que significa que as mulleres adoitan depender do medio natural para o seu medio de vida e ingresos. Ao limitar aínda máis o acceso xa restrinxido das mulleres a recursos físicos, sociais, políticos e fiscais, o cambio climático adoita poñer máis tensión nas mulleres que nos homes e pode aumentar a desigualdade de xénero existente.[4][5]
Tamén se identificaron diferenzas de xénero en relación coa sensibilización, a causa e a resposta ao cambio climático e moitos países desenvolveron e aplicaron estratexias e plans de acción para o cambio climático de xénero. Por exemplo, o goberno de Mozambique adoptou unha estratexia e un plan de acción para o xénero, o medio ambiente e o cambio climático a principios de 2010, sendo o primeiro goberno do mundo en facelo.[6]
A incorporación da perspectiva de xénero na análise dos efectos do cambio climático implica analizar as relacións de poder desiguais en outro conxunto de categorías de análise, como a raza, a clase e a etnia. Isto quere dicir que a análise non está centrada exclusivamente no binario home-muller.[7]
As mulleres non son só vítimas do cambio climático. Son importantes axentes de cambio e unha parte central das estratexias de mitigación e adaptación ó cambio climático.[8] As mulleres poden desempeñar un papel transformador nas respostas ó cambio climático.[9] Ademais, as mulleres a miúdo teñen un rol de custodia e creación en prácticas de coñecemento tradicional, achegando para a conservación da biodiversidade e a riqueza xenética dos alimentos.[10]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.