Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
A caligrafía xeorxiana (xeorxiano: ქართული კალიგრაფია) é unha forma de caligrafía, ou escrita artística da lingua xeorxiana usando os seus tres alfabetos.
Xeorxia goza dunha rica e longa tradición caligráfica, o cristianismo e a Igrexa Ortodoxa Xeorxiana xogaron un papel fundamental na creación e difusión de manuscritos, converténdoos nun fenómeno cultural e nacional ao rexistraren os monxes os acontecementos históricos xeorxianos.[1][2][3]
No interior de Xeorxia o reino de Taoklarjeti foi o centro cultural do país e nel traballaron a maioría dos grandes mestres da arte caligráfica xeorxiana. Fóra de Xeorxia, os monxes xeorxianos tamén crearon manuscritos xeorxianos en varios mosteiros, como o de Bachkovo (Bulgaria), Iviron (Monte Athos), da Cruz e Mar Saba (Xerusalén), Santa Catarina (Sinaí), Antioquía e Constantinopla
En Xeorxia cada ano conmemórase o 14 de abril o Día da Lingua Xeorxiana, entre as actividades máis populares están os concursos de caligrafía, recibindo os gañadores os seus galardóns no Centro Nacional de Manuscritos de Xeorxia.[4]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.