From Wikipedia, the free encyclopedia
Caldene (ou en grego Χαλδηνη), tamén coñecida coma Xúpiter XXI, é unha lúa irregular retrógrada de Xúpiter. Foi descuberta por un grupo de astrónomos da Universidade de Hawaii encabezado por Scott S. Sheppard no ano 2000, e recibiu a designación temporal S/2000 J 10.[1][2][3]
Caldene ten uns 3,8 quilómetros de diámetro, e orbita Xúpiter a unha distancia media de 22,713 millóns de kms, tarda 699,327 días en completar unha órbita, ten unha inclinación de 167° con respecto á eclíptica (169° respecto do ecuador de Xúpiter), e posúe unha excentricidade orbital de 0,2916. Esta lúa pertence ó grupo de satélites Carme, un grupo de lúas retrógradas irregulares que orbitan ó redor de Xúpiter a unha distancia media de entre 23 a 24 millóns de kms, con inclinacións duns 165°.
Recibiu oficialmente o seu nome en outubro do 2002, Caldene era nai de Solimos (o seu pai era Zeus) dentro da mitoloxía grega.[4]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.