From Wikipedia, the free encyclopedia
Calabria era un antigo territorio bizantino en Italia, hoxe comprendido en Calabria, Lucania e Puglia meridional.
Sobre o 580, segundo a Descriptio orbis romani de Xurxo de Chipre, semella que Tiberio II dividiu en cinco provincias ou eparquías a Italia bizantina:
Tal reforma administrativa de Italia semella motivada, segundo Bavant, pola adaptación da administración de Italia ás necesidades militares do momento, visto que gran parte da Península estaba suxeita ás devastacións dos longobardos e que todos os intentos (incluída e expedición de Baduario) para desaloxalos fallaran; recoñecendo as conquistas efectuadas polos longobardos, foi introducido coa reforma o sistema dos tractus fronteirizos anticipando a reforma do Exarcado, que foi realizada algúns anos despois.[1] A nova eparquía foi, con todo, abolida sobre o 584 coa institución do exarcado
Comprendía os territorios que lles quedaban aos bizantinos na Lucania e na Puglia meridional. Limitaba ao norte coa eparquía de Campania, provincia bizantina, e ao sur, leste e oeste co mar Mediterráneo. Ademais é posíbel que xa nese período as rexións interiores máis setentrionais tivesen caído so o xugo do Ducado de Benevento, ducado longobardo en vía de formación, que había conquistar despois gran parte da Italia meridional.
A provincia de Calabria tivo unha breve vida, de feito algúns anos despois o emperador Mauricio I (582-602) a substituíu co Ducado de Nápoles, xa reducido ás costas da Campania, a causa das conquistas dos longobardos de Benevento.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.