Calícrates

From Wikipedia, the free encyclopedia

Calícrates (grego antigo Καλλικράτης, Kallikrates) foi un arquitecto da Antiga Grecia activo a mediados do século V a. C.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Calícrates
Biografía
Nacementoc. 470 a. C.
Antiga Atenas
Morte420 a. C. (49/50 anos)
Antiga Atenas
Actividade
Ocupaciónarquitecto
Período de tempoAntigüidade clásica
Obra
Obras destacables

Descrito pola fonteThe Nuttall Encyclopædia >>>:Callic`rates
Meyers Konversations-Lexikon, 4ª edición (1885–1890)
Enciclopedia soviética armenia, volume 5, (p.171)
Pechar

Traxectoria

Thumb
Templo de Atenea Nike construído por Calícrates en conmemoración da vitoria dos gregos sobre os persas.

No ano 480 a. C. tras a devastación de Atenas por parte dos persas, Pericles encargou a Calícrates e Ictinos, baixo a dirección de Fidias, o proxecto dos edificios da Acrópole construídos entre 447 e 442 a. C. (Plutarco, Pericles, 13).[1][2]

Para este templo seguiron un modelo de fachada octástila, dentro do orde dórica. A curvatura do entaboamento e a estilóbata, a éntase das columnas e a desigualdade nos intercolumnios crean un equilibrio e unha harmonía visuais que conseguen disimular as dimensións reais do edificio. O templo en cuestión é anfipróstilo, aínda visible alí,[3] ou o seu predecesor, a pequena escala (naiskos), cuxos muros foron atopados nos cimentos do templo posterior.[4]

Unha inscrición identifícao como o arquitecto do Templo de Atenea Nike na Acrópole de Atenas.[5]

Outra inscrición identifica a Calícrates como un dos arquitectos do recinto amurallado clásico da Acrópole,[6] e Plutarco di que foi contratado para construír a metade dos Muros Longos, que unían Atenas e O Pireo.

Na súa honra, foi nomeado o cráter Calícrates na superficie do planeta Mercurio.[7]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.