From Wikipedia, the free encyclopedia
Caccón (ou Cacón) e Tasón (ou Tasso ou Taso) foron duques do Friúl entre o 610 e o 615-625 aproximadamente.
Biografía | |
---|---|
Grupo | dupla (pt) |
Caco de Friul (pt) ( - 617 (Gregoriano)). Aristócrata Tasón de Friúl (século VI - 625). Aristócrata |
Caccón e Tasón eran os fillos máis vellos do duque Xisulfo II de Friúl e de Romilda, aínda adolescentes cando o pai cae en batalla contra os ávaros e a nai comete traizón, entregando aos inimigos a capital Cividale que ata entón resistira o cerco. Feitos prisioneiros, leváronos como a todos os longobardos capturados polos ávaros a Pannonia; xuntos na terra que deixara o seu pobo nos tempos de Alboíno, coñeceron a intención dos seus inimigos de mataren todos os homes maiores de idade, tras térense repartido as mulleres e os nenos como escravos. Caccón, Tasón e o meirande dos seus irmáns aínda nenos, Radoaldo, tentaron a fuga dacabalo. un deles temía que o seu irmán máis novo, Grimoaldo, non estivese en condicións de aguantar a cabalgada e propuxo matalo, afirmando "que era mellor para el morrer pola espada que soportar o xugo da catividade"[1]. O pequeno Grimoaldo, en cambio, convenceuno para que desistise, demostrándolle que sabía cabalgar. Capturado novamente, deu matado o seu carcereiro e reuniuse cos seus irmáns. Caccón e Tasón asumiron o goberno do ducado e expandírono a conta dos eslavos, que desde entón ficaron obrigados ata os tempos de Rachis a pagaren un tributo aos longobardos. os dous irmáns caeron nunha emboscada tendida na cidade de Oderzo polo bizantino Gregorio. Este prometéralle a Tasón adoptalo como fillo, co rito do corte da barba[2]; o duque alcanzouno co seu irmán e unha pequena escolta. nada máis chegaren a Oderzo, Gregorio fixo pechar a s portas da cidade e enviou os seus soldados contra os longobardos. os irmáns comprenderon inmediatamente a situación, preparáronse a combater e déronse o bico da paz e os último saúdo. Dispersáronse pola rúas, matando calquera que lles saíse por diante e, escribe Paulo Diácono, "facendo gran masacre dos romanos; mais ao final tamén eles foron mortos"[3]. Porén Gregorio mantén a súa promesa: ordenou que lle levasen a cabeza de Tasón e cortoulle a barba.
Nesta época a cidade de Oderzo estaba dirixida polo bispo san Tiziano.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.