From Wikipedia, the free encyclopedia
Breve encontro (en inglés: Brief Encounter) é un filme británico de 1945 dirixido por David Lean. Está protagonizado por Celia Johnson e Trevor Howard. O guión é do propio Lean, Ronald Neame e Noël Coward, e baséase na obra teatral de Coward de 1936 Still Life.
Breve encontro | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Brief Encounter |
Director | David Lean |
Produtor | Noël Coward Anthony Havelock-Allan Ronald Neame |
Guión | Noël Coward Anthony Havelock-Allan David Lean Ronald Neame |
Baseado en | Still Life, de Noël Coward |
Intérpretes | Celia Johnson Trevor Howard Stanley Holloway |
Música | Serguéi Rakhmáninov |
Fotografía | Robert Krasker |
Montaxe | Jack Harris |
Distribuidora | Eagle-Lion Distributors |
Estrea | 13 de novembro de 1945 |
Duración | 86 minutos[1] |
Orixe | Reino Unido |
Orzamento | 1 millón de dólares[2] |
Na rede | |
Laura, unha simple ama de casa, casada e con fillos coñece por casualidade nunha estación de tren que ela frecuenta diariamente un médico chamado Alec, tamén casado. Os dous inician unha amizade aparentemente inocente que aos poucos se converte nunha paixón entre ambos. Entón comezan unha relación amorosa secreta.
Gran parte do filme foi rodado na estación de Carnforth en Lancashire, daquela da London, Midland and Scottish Railway. Ao precisarse unha estación con xente, localizouse lonxe de calquera cidade grande para evitar os apagóns, xa que a rodaxe tivo lugar a principios de 1945, antes da fin da segunda guerra mundial. En dous momentos do filme indícase a localización da estación mediante sinais nas beiravías referidos a destinos locais, incluíndo Leeds, Bradford, Morecambe e Lancaster. Noël Coward realizou os anuncios da estación para o filme. A cantina da estación recreouse en estudio. A estación de Carnforth aínda conserva moitos elementos presentes no filme e é un lugar de peregrinación para fans do filme.[4] Non obstante, algunhas escenas urbanas foron filmadas en Londres, en Denham ou en Beaconsfield, preto dos estudios Denham, en que se realizou o filme.[5]
A música recorrente no filme é o Concerto para piano n.º 2 de Serguéi Rakhmáninov, interpretado por Eileen Joyce. Tamén hai unha escena onde a orquestra do salón toca Spanish Dance No. 5 (Bolero) de Moritz Moszkowski.
O filme compartiu o Gran Premio no Festival de Cannes de 1946. Na 19ª edición dos Oscar, Celia Johnson foi candidata ao premio á mellor actriz, mentres que David Lean foi candidato á mellor dirección e mellor guión adaptado xunto con Anthony Havelock-Allan e Ronald Neame.
Breve encontro foi aclamado trala súa estrea,[6] aínda que había dúbidas sobre se sería popular.[7] Foi votado como un dos 10 mellores filmes realizados en dúas enquisas diferentes a críticos en 1952.[8] En 1999 o filme quedou segundo na lista BFI Top 100 British films, do British Film Institute'.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.