Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
O brandy (apócope de brandewijn; holandés: viño queimado) é o termo en xeral usado para o viño destilado, case sempre cun 40-60% de volume en etanol. Ademais de viño, este alcohol tamén pode ser feito de polpa de uva ou de zume de fruta fermentado. A menos que se diga o contrario, o brandy está feito de viño de uva.
A orixe do brandy non é clara pero está ligada ó desenvolvemento da destilación. Bebidas de alcohol concentrados coñecéronse na Grecia e Roma antigas, e poden ter unha historia aínda máis antiga, desde a antiga Babilonia. O brandy como se coñece hoxe, apareceu no século XII e fíxose popular no século XIV.
Inicialmente o viño era destilado como un método de conservación para facer máis fácil o seu transporte polos comerciantes. A intención era agregar de novo a auga separada ó brandy na destilación pouco antes do seu consumo. Logo descubriuse que se se almacenaba en barricas de madeira, o produto resultante melloraba considerablemente comparado co viño orixinal.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Brandy |
Este artigo sobre gastronomía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.