Branquiúros
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os branquiúros (Branchiura) son unha subclase de crustáceos maxilópodos que comprende unhas 130 especies[1] clasificadas todas nunha soa orde, os arguloides (Arguloida), e unha soa familia, os argúlidos (Argulidae), composta polos xéneros Argulus, Dolops e Chonopeltis.
Branchiura | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Argulus sobre as branquias dun peixe | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Xéneros | |||||||||||||||
|
Os branquiúros son fundamentalmente ectoparasitos de peixes mariños e de auga doce, aínda que tamén hai algunhas especies de vida libre. A diferenza dos copépodos, ademais do único ollo fusionado, posúen dous ollos simples a cada lado da cabeza.
O corpo dos branquiúros é traslúcido, ata o punto de que o que mellor se aprecia é a zona abdominal, onde se encontra o aparato dixestivo. Estes parasitos adoitan fixarse ás branquias dun peixe, ás veces en cantidades tan grandes que poden causar a morte do animal hóspede. As súas mandíbulas están reducidas, presentan beiras cortantes e están aloxadas dentro dun aparato en forma de estilete chamado probóscide, mentres que os apéndices se reducen, sen chegaren a desaparecer de todo. A diferenza dos copépodos parasitos, os branquiúros non recuperan a súa forma libre unha vez que iniciaron a súa etapa parasitaria ata o final da súa vida na época de apareamento.
Clasificación
Segundo Martin & Davis (2001),[2] os branquiúros clasifícanse da seguinte maneira:
Subclase Branchiura Thorell, 1864
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.