Bolshoy Lyakhovsky

From Wikipedia, the free encyclopedia

Bolshoy Lyakhovskymap

A illa Bolshoy Lyakhovsky (en ruso: Большой Ляховский остров) ou Gran Lyakhovsky é unha illa do ártico ruso, localizada entre o mar de Laptev e o mar de Siberia Oriental.

Datos rápidos Tipo, Parte de ...
Bolshoy Lyakhovsky
Thumb
Tipoilla
área protexida de Rusia
Parte deIlhas Lyakhovsky (pt)
Situado na entidade xeográficaIllas de Nova Siberia
Localización
División administrativaBulunsky District, Rusia (en)
Thumb Thumb
 73°26′00″N 142°00′00″L
Bañado porOcéano Ártico
Características
Altitude311 m
Dimensións75 () × 125 () km
Superficie5.157 km²
Pechar

Administrativamente, a illa, como o resto do arquipélago, pertence á República de Sakha (Yakutia) da Federación Rusa.

As illas "de Liajov" (Liajovski) levan o seu nome en honra de Iván Liajov, que as explorou en 1773.

Xeografía

A illa Gran Liajovski é a illa maior do grupo das illas de Liajov, un grupo pertencente ao arquipélago de Nova Siberia. Ten unha superficie de 4.600 km² e unha altitude máxima de 270 m. (Emy Tas).

A illa está separada do continente polo Estreito de Dmitri Laptev, estreito duns 50 km de anchura que conecta as augas do mar de Laptev coas do mar de Siberia Oriental. A illa Pequena Liajovski está situada fronte ás súas costas noroccidentales, a tan só 13 km.

Clima

A estación meteorolóxica do cabo Shalaurova, que se atopa na costa sueste da illa Bolshoy Lyakhovsky, nos 73° 11'N 143° 56' E proporciona rexistros do clima da illa. A media de precipitacións é de 184 mm/ano, calculada nun período de 7 anos, entre abril de 1994 e setembro de 2000, calculado a partir dos datos da «Administración nacional océanica e atmosférica». A maior precipitación, ao redor de dous terzos do total anual, prodúcese entre xuño e setembro. No mesmo período de tempo e con similares datos, a temperatura media en cabo Shalaurova é -13´6 °C. Xaneiro é o mes máis frío cunha temperatura media de -31´0 °C e agosto é o mes máis caloroso cunha temperatura media de 2´4 °C. O intervalo medio diario de temperaturas é de -40´5 °C a 9´4°.

Historia

En 1710, mentres navegaba do río Lena ao río Kolyma, Yakov Permyakov observou a silueta de dous grupos de illas descoñecidos no mar. Esas illas eran, Bolshoy Lyakhovsky e as illas Medvyezhi.

En 1712, Permyakov e o seu compañeiro Merkury Vagin cruzaron sobre o xeo a baía do Yana, partindo desde a boca do río Yana ata a illa Bolshoy Lyakhovsky e exploraron a entón descoñecida illa.

Permyakov e Vagin foron asasinados no camiño de regreso da súa exploración polos membros amotinados da expedición. Os cosacos tomaron o cadáver de Permyakov e prendéronlle lume. Non se sabe que fixeron os rebeldes coas cinzas, pero os restos de Permyakov nunca foron atopados.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.