Remove ads
base de datos da tradución en lingua galega From Wikipedia, the free encyclopedia
A Biblioteca da Tradución Galega, coñecida tamén co acrónimo BITRAGA, dependente do grupo de traballo composto por docentes da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo[1], contén a referencia bibliográfica dos textos literarios traducidos doutras linguas á galega e da galega cara á outras linguas. Nun primeiro momento, o arquivo recolle as traducións literarias publicadas dende 1980. Trátase dun proxecto aberto e colaborativo.
Biblioteca da Tradución Galega | |
---|---|
Tipo | base de datos e grupo de traballo |
Data de fundación | 2004 |
Sede | Vigo |
País | Galicia |
Na rede | |
http://bibliotraducion.uvigo.es/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
En 2016 a súa responsable era a profesora Ana Luna Alonso. Ademais dun equipo formado polas profesoras Iolanda Galanes, Áurea Fernández Rodríguez, Silvia Montero Küpper (responsable dende 2017)[2] e Patricia Buján Otero, tamén conta con achegas de diversos colaboradores, tales que Raquel Alonso Araujo, Alejandro Alonso Martínez, Silvia Duarte Collazo, Óscar Ferreiro Vázquez, Elizabete Manterola Agirrezabalaga, Iolanda Mato Creo, Liliana Valado Fernández, Bárbara Álvarez Fernández ou Paz Orois.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.