localidade comercial viquinga en Suecia From Wikipedia, the free encyclopedia
Birka foi unha poboación comercial fortificada dos suións, na era viquinga, situada na illa de Björkö no lago Malar, en Suecia.[1][2][3][4] Con Hovgården, está clasificada como Patrimonio da Humanidade.[5] É acesible en barco desde Strängnäs, Härjarö, Estocolmo e Södertälje.[6]
Birka e Hovgården | |
---|---|
Casas dos viquingos (reconstrución) | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | Suecia |
Localización | 59°20′10″N 17°32′44″L |
Tipo | Cultural |
Criterios | III, IV |
Inscrición | 1993 (17ª sesión) |
Rexión da UNESCO | Europa e América do Norte |
Identificador | 555 |
Foi fundada no século VIII e habitada até o X, sendo coñecida como "primeira cidade de Suecia", se ben Uppåkra en Escania é máis antiga. Tiña unha poboación de entre 700 e 1000 persoas. O seu mercado ofrecía peles do norte de Suecia, escravos, e artigos de luxo traídos polos viquingos do Rus de Kíiv, o Imperio Bizantino, Asia Central e Oriente Medio.[7] Puido ser destruída por viquingos daneses, e polo rei Olav II de Noruega cara ao ano 1007.[8][9]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.