Os bifosfonatos son un grupo de medicamentos utilizados para a prevención e o tratamento de doenzas con resorción ósea, como a osteoporose e o cancro con metástase ósea, sexa este con ou sen hipercalcemia, asociadas ó cancro de mama e de próstata. Tamén se prescriben na enfermidade de Paget e noutras alteracións que provocan fraxilidade ósea, como a doenza renal crónica tratada con diálese. Aínda que son moi eficaces, nos últimos anos constatouse un aumento no número de casos clínicos nos que o uso dos bisfosfonatos se relaciona coa osteonecrose dos maxilares; por iso, o odontólogo debe de estar moi alerta sobre as posibles complicacións nos pacientes que os toman. Neste senso, é fundamental a colaboración co oncólogo e o cirurxián maxilofacial, naqueles pacientes en tratamento con bisfosfonatos, e tomar as medidas necesarias para a prevención da osteonecrose, tales como o control de carie, o emprego de prótese atraumáticas na zona lingual e evitar os tratamentos periodontais invasivos e implantes.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/89/Biphosphonate_Structural_Formulae.png/640px-Biphosphonate_Structural_Formulae.png)
![]() | Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
Véxase tamén
Ligazóns externas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.