especie de planta From Wikipedia, the free encyclopedia
O bidueiro pubescente[1], bidueiro común[2], simplemente bidueiro [3] ou albelo [4] (Betula alba L., Sp. Pl.: 982 (1753)sin.: Betula pubescens Ehrh.) é unha árbore esvelta e caducifolia do xénero Betula, da familia das betuláceas que medra nas zonas húmidas. Caracterízaa a casca abrancazada do toro. Común en Galicia, tense adscrito a subespecie celtiberica aínda que non está aceptada por Flora Ibérica[5] (B. pubescens Ehrh. subsp. celtiberica (Rothm.& Vasc.) Rivas Mart.; B. celtiberica Rothm. & Vasc.).
Bidueiro pubescente | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Bidueiro | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Betula pubescens Ehrh., 1791 | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
|
O termo galego bidueiro ou bido (en portugués vidoeiro ou bétula) vén do latín betūlario, adaptación do nome céltico betu.
Ademais existen numerosas variantes dialectais: albelo, bedugo, bedulo, bídalo, budio, abedugo, bideiro e bidro.
Árbore caducifolia que acada os 10-30 m de altura, cunha copa duns 70 cm de diámetro, cuxas follas presentan unha cor abrancazada por mor ao indumento que portan, o que dota de dita cor á árbore enteira. Ditas follas son ovadas, co ápice agudo, acuminadas, de 2 a 5 cm de lonxitude e de 1,5 a 4,5 de largo, coa marxe finamente serrada. As flores, en forma de amentos, chamados candeas, xorden na primavera, antes de que a árbore recupere as follas. Os froitos son agregados péndulos, cilíndricos, de 1 a 4 cm de lonxitude e de 5 a 7 de diámetro; ditas infrutescencias son dehiscentes coa madureza, dando lugar a sementes miúdas (de 2 mm) dobremente alíferas (disámaras).
A diferenza do bidueiro branco (Betula pendula), o bidueiro pubescente, posúe rebentos lisos, e é máis liso e posúe menos indumento que aquel. Ademais, as serraduras da marxe son máis constantes e leves. En canto á xenética, existen diferenzas taxativas: o bidueiro branco B. pendula é diploide, mentres que o B. alba é tetraploide. Respecto das súas características ecolóxicas, este bidueiro prefire terreos pouco drenados, moi saturados da auga, a diferenza, de novo, co B. pendula, que require unha maior sequidade.
O bidueiro é un anxiospermas de porte arbóreo de distribución máis setentrional. As poboacións subárticas non desfrutan do porte descrito en seccións anteriores, senón que posúen un perfil máis achaparrado ou repoludo, máis apto contra as cifras e para resistir o peso da neve. Hai autores que separan aos individuos pertencentes a estas subpoboacións na subespecie Betula pubescens subsp. tortuosa, o bidueiro ártico; as súas características definitorias, ademais da distribución islandesa e groenlandesa, corresponderían a un talle menor, de 5 a 6 m.
Na Península Ibérica é frecuente no Cordal Cantábrica, Sistema Ibérico, Sistema Central. Nestas serras mestúrase frecuentemente con acivros e capudres (Sorbus aucuparia). Nos clareiros dos bidueirais medra gran cantidade de xanzá (Gentiana lutea) que se aproveita, así coma uces brancas, extensos tapices de arandeiras e xestas.
En Galicia é frecuente en todo o territorio, mesturándose entre as especies das fragas ou formando bidueirais. No sur do país é unha das especies de ribeira. Non ten grandes esixencias de solo polo que adoita aproveitar terreos degradados por lumes, medrando incluso nos noiros das autoestradas.
A súa madeira, dura e resistente, úsase para carpintaría e foi tradicionalmente utilizada polos zoqueiros (que partían pola metade un toro e de cada metade facían un zoco). Tamén se utilizou para a construción de cubertas, cascos de canoas e para a elaboración de diferentes recipientes. Naturalmente, tamén se aproveita como combustíbel nas cociñas de leña, pola súa facilidade para arder.
Da súa casca, branda, pódese obter aceite que se emprega en medicina.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.