Bertel Thorvaldsen

escultor danés From Wikipedia, the free encyclopedia

Bertel Thorvaldsen

Albert Thorvaldsen, coñecido como Bertel Thorvaldsen, nado en Copenhague o 19 de novembro de 1770 e finado na mesma cidade o 24 de marzo de 1844 foi un escultor dinamarqués.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Pechar

Traxectoria

Era fillo dun islandés que se instalou en Dinamarca e alí dirixiu un comercio de esculturas en madeira. Estudou na Academia de Arte de Copenhaguen, onde obtivo moitas distinción, incluída a medalla de ouro. De aí marchou a Roma cunha bolsa de estudos.

En 1819 regresou de visita ao seu país, no que foi contratado para facer unha serie de estatuas colosais de Cristo e os doce apóstolos para a reconstrución da Vor Frue Kirke, a Catedral de Copenhaguen, entre 1817 e 1829, tras ter sido destruída no bombardeo británico de Copenhaguen en 1807. Os traballos iniciáronse tras o seu retorno a Roma e non remataron até 1838, cando Thorvaldsen volveu para a Dinamarca.

Morreu de súpeto cando estaba no Teatro Real de Copenhaguen, o 24 de marzo de 1844.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.