Berkeley Software Distribution

sistema operativo From Wikipedia, the free encyclopedia

BSD son as siglas de Berkeley Software Distribution (Distribución de Software Berkeley). Utilízanse para identificar un tipo de sistema operativo derivado do UNIX nado a partir das contribucións realizadas a ese sistema pola Universidade de Berkeley en California.

Historia

Nos primeiros anos do sistema UNIX, os seus creadores, os Laboratorios Bell da compañía AT&T, autorizaron á Universidade de California en Berkeley e a outras universidades a utilizar o código fonte e adaptalo as súas necesidades. Durante a década dos setenta e dos oitenta Berkeley utilizou o sistema para as súas pescudas e investigacións en materia de sistemas operativos. Cando AT&T retirou o permiso de uso á universidade por motivos comerciais, a universidade promoveu a creación dunha versión inspirada no sistema UNIX mediante a reescritura das partes descendentes deste e utilizando as contribucións que eles realizaran —especialmente a súa implementación do TCP, o primeiro compoñente en ser distribuído por separado—, permitindo despois a súa distribución con fin académico e ao cabo dalgún tempo reducindo ao mínimo as restricións referentes á súa copia, distribución e modificación (a licenza BSD).

Algúns sistemas operativos descendentes do sistema desenvolvido por Berkeley son o SunOS, o FreeBSD, o NetBSD, o OpenBSD e o Mac OS X. BSD tamén fixo grandes contribucións no campo dos sistemas operativos en xeral como o manexo de memoria virtual paxinado por demanda, o control de traballos, o Fast FileSystem, o protocolo TCP/IP e o editor de texto vi.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Universidade de California, Berkeley

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.