empresario galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Benito Villamarín Prieto, nado en Puga (Toén) en 1917 e finado en Sevilla o 15 de agosto de 1966, foi un industrial galego, presidente do Real Betis Balompié entre 1955 e 1965.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1917 Puga, España |
Morte | 16 de agosto de 1966 (48/49 anos) Sevilla, España |
Presidente Real Betis Balompié | |
28 de maio de 1955 – 1965 | |
Actividade | |
Ocupación | empresario |
Chegou a Sevilla despois da guerra civil española, antes de partir cara á Arxentina, que era o seu destino. Porén, quedou en Lora del Río onde dirixía un almacén de olivas o seu tío Andrés e onde coñeceu a quen sería a súa esposa, Ángeles Guillén.
Converteuse nun referente no negocio olivícola, pioneiro ademais na exportación aos Estados Unidos. Sería xente dese mundo quen o levaría ata o Betis. Eles e o respaldo institucional do entón capitán xeneral da Segunda Rexión Militar, o tenente xeneral Eduardo Sáenz de Buruaga decidiron que Benito Villamarín tomase a dirección do club[1]. En última instancia foi Sáenz de Buruaga quen convenceu a Villamarín para entrar no club como presidente[2]
Tomou posesión como presidente do Betis o 28 de maio de 1955, nunha época crítica do equipo, tras estar 7 anos en 3ª división. Fichou como adestrador a Sabino Barinaga e confiou nun xogador prometedor, Luis del Sol, que acabaría sendo un dos xogadores máis importantes na historia do club. O equipo logrou o ascenso á primeira división na tempada 1957-58 con Antonio Barrios como adestrador.
Villamarín puxo orde na institución, e malia que tivo que tomar algunhas decisións impopulares como a venda de Luis del Sol, xerou novas ilusións á afección bética con actuacións como a compra do Estadio Benito Villamarín en 1961.
A relación de Benito Villamarín Prieto coa cidade non rematou no deporte, pois el e a súa muller, Ángeles Guillén Morillo, custearon o paso de Xesús Cautivo[3]. O paso de Xesús Cativo xunto co paso de Nosa Señora das Mercedes compoñen a procesión da Irmandade de Santa Xenoveva do Luns Santo en Sevilla. En agradecemento Benito Villamarín foi nomeado Tenente Maior Honorífico desta irmandade fundada en 1956 e que toma o seu nome[4] da muller de Gonzalo Queipo de Llano.
Finou por mor dun cancro de pulmón o 15 de agosto de 1966, do cal se operara en Boston en 1960[5].
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.