Benicarló
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Benicarló é un concello do País Valenciano. Situado na costa norte da provincia de Castelló, na comarca do Baix Maestrat. Ten 26.381 habitantes (INE 2008).
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Comunidade Valenciana | ||||
Provincia | Castelló | ||||
Comarca da Comunidade Valenciana | Baix Maestrat | ||||
Capital | sen valor | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 28.681 (2023) (598,77 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua catalá (lingua predominante) lingua castelá | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 47,9 km² | ||||
Bañado por | Mar Mediterráneo | ||||
Altitude | 21 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 14 de xuño de 1236 | ||||
Santo padrón | Bertomeu | ||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Juanma Cerdá Tena (en) (2023–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 12580 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 12027 | ||||
Código ARGOS de concellos | 12027 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | ajuntamentdebenicarlo.org | ||||
Situada a beiras do mar Mediterráneo e rodeada de hortas de regadío, Benicarló ten un clima privilexiado propio do litoral no que se sitúa. Ao norte da cidade desemboca a rambla de Cervera.
Accédese a esta localidade dende Castelló de la Plana tomando a N-340 ou a AP-7.
O termo municipal de Benicarló limita coas localidades de Vinaròs, Càlig e Peníscola.
A poboación que en 1794 era de 1.300 veciños, pasou a ser de 2.182 en 1877. Esta liña ascendente verase detida entre os anos 1.900-1.930 pola crise no cultivo, a produción e a exportación do viñedo. Pero a partir de 1930, estabilízase o crecemento demográfico.
1990 | 1992 | 1994 | 1996 | 1998 | 2000 | 2002 | 2004 | 2005 | 2006 | 2007 | 2008 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
18.200 | 18.550 | 19.005 | 19.229 | 19.350 | 19.908 | 21.488 | 22.653 | 25.244 | 25.503 | 25.248 | 26.381 |
De grande importancia foi a produción de viño a finais do século XIX, o denominado "Viño Carlón", que constituía a maior fonte de riqueza da cidade. Como exemplo diremos que no 1890 foron exportados 17 millóns de litros. Este cultivo realizábase tanto no termo de Benicarló como nas poboacións veciñas de Peníscola, Càlig e Vinaròs. A praga da filoxera acabou con practicamente todas as viñas da zona, desaparecendo por completo este cultivo.
Entre 1931-1944 construíuse o actual porto, co conseguinte impulso no desenvolvemento do sector pesqueiro que, na actualidade, mantén unha frota de máis de 50 embarcacións, a cal obtivo nos últimos anos, unha media de 1 500 000 quilogramos anuais de toda clase de especies mariñas, entre as que destacan o salmonete da pedra, pescada, polbo, peixe sapo, linguado e cigala.
Na década dos anos 60 do pasado século Benicarló converterase en centro receptor de inmigrantes. As causas que atraen esta poboación son: a industria (entre outros as do moble, as destilerías de esencias químicas e a construción) e o auxe turístico. Na actualidade cidadáns de diversas partes do mundo residen na cidade.
En canto á agricultura hai que sinalar que o termo municipal de Benicarló alberga gran cantidade de explotacións agrícolas, tanto de secán como de regadío, destacando a produción da afamada alcachofa de Benicarló (produto con Denominación de Orixe Europea) cítricos, tomates e outros produtos da horta.
A alcachofa (Cynara Scolymus) cultívase sobre todo nas rexións mediterráneas e nas zonas que gozan dun clima suave. O seu consumo data, de máis de dous mil anos. Estas plantas foron consideradas xa polos antigos como un apreciable alimento, e recomendábase especialmente con coandro, viño, aceite de oliva e Garum, nome dunha soada salsa de peixe usada na antigüidade.
É un cardo grande como o indican as raíces árabes do seu nome "espina de terra". Este cardo grande aparece no escudo da cidade de Benicarló como reflexo da importancia que tiña este produto, xa desde a antigüidade nesta zona.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Benicarló |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.