From Wikipedia, the free encyclopedia
Un ben público é un concépto económico, consistente nun ben económico que malia ser de produción custosa, é non rival e non excluínte. Un ben é non rival cando o seu uso por unha persoa en particular non prexudica o uso futuro por outros individuos, e non excluínte cando o seu uso por unha persoa en particular non prexudica o uso simultáneo por outros individuos. Diferéncianse dos bens libres, como o aire limpo, en que estes últimos non son bens económicos.
Na categoría de ben público pódese distinguir o ben común, un tipo particular de ben económico natural ou fabricado polo ser humano, cun tamaño, extensión ou características que fan moi custoso, senón imposible, excluír do seu gozo o uso a potenciais beneficiarios. A diferenza dos bens públicos puros, os bens comúns están suxeitos a problemas de conxestión ou saturación por risco moral.
O problema que entrañan os bens públicos é que o mercado non valora adecuadamente estes produtos e proporciona unha subministración distinta da que sería eficiente, polo que en moitas ocasións hai que empregar procedementos de subministración do ben que salve estas dificultades.
A rivalidade no consumo dun produto implica que o consumo por parte dun individuo reduce a cantidade dispoñible para outros. Así, se un individuo come un pastel, non queda pastel para ningún outro, xa que xa o comeu.
O principio de exclusión está relacionado coa imposibilidade de excluír do consumo dun produto a determinadas persoas. As razóns da imposibilidade poden ser físicas ou económicas. A baixa capacidade de exclusión implica que ou é imposible ou moi caro prohibir o consumo dun ben a outros individuos.
Obviamente, estas definicións teóricas non sempre son aplicables no mundo real, xa que estritamente non hai ningún ben que non poida ser derivado a calquera nivel de consumo mercantil. Porén, os economistas pensan que algúns bens do mundo real se aproximan moito a estas definicións, o suficiente para que estas teñan sentido.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.