From Wikipedia, the free encyclopedia
Helen Beatrix Potter, nada en Londres o 28 de xullo de 1866 e finada en Sawrey (Lancashire) o 22 de decembro de 1943, foi unha escritora, ilustradora, fabulista de literatura infantil[1] e naturalista inglesa. O seu personaxe máis famoso é Peter Rabbit.
(1913) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Helen Beatrix Potter 28 de xullo de 1866 West Brompton, Reino Unido (en) |
Morte | 22 de decembro de 1943 (77 anos) Near Sawrey, Reino Unido (en) |
Causa da morte | pneumonía |
Datos persoais | |
Residencia | Inglaterra |
País de nacionalidade | Reino Unido Londres |
Educación | governança (pt) (1905–1913) |
Actividade | |
Ocupación | conservacionista (1902–1943), ilustradora científica , botánica , novelista , micóloga , pintora , escritora de literatura infantil , ilustradora , escritora |
Período de actividade | 1886 - 1942 |
Xénero artístico | Conto de fadas |
Influencias | |
Lingua | Lingua inglesa |
Obra | |
Obras destacables
| |
Arquivos en |
|
Familia | |
Cónxuxe | William Heelis (1913–) |
Parella | Norman Warne (pt) |
Pais | Rupert Potter (pt) e Helen Leech (pt) |
Irmáns | Walter Bertram Potter (pt) |
Páxina web | peterrabbit.com |
O pai de Potter, Rupert Potter, era avogado, aínda que pasaba a maior parte do seu tempo en clubs de cabaleiros, sen exercer a profesión.[2] A súa nai dedicábase a facer e recibir visitas.[3] Ambos os proxenitores eran entendidos en arte[4] e vivían das herdanzas das súas respectivas familias.[5][6] Beatrix e o seu irmán Bertam foron educados por neneiras e institutrices.[7][8] Cando medrou, os seus pais, encargárona do fogar, dificultando o seu desenvolvemento intelectual.[9] Un tío seu intentou que ingresase como estudante no Real Xardín Botánico de Kew, mais foi rexeitada por ser muller.
Animárona a publicar o seu relato The Tale of Peter Rabbit, mais tivo que loitar para atopar un editor ata que por fin foi aceptado en 1902. O libro e as obras que o seguiron foron moi ben recibidos e comezou a obter uns ingresos propios das súas vendas. Potter relacionouse sentimentalmente co seu editor, Norman Warne, aínda que o mantiveron en segredo porque os seus pais eran contrarios a que casase con calquera que precisase traballar para vivir. Warne faleceu de leucemia antes de que puidesen prometerse, o que agrandou a fenda que a separaba dos seus pais.
A base para os seus proxectos foron os pequenos animais que introducía furtivamente na casa ou que vía durante as vacacións familiares en Lake District ou en Escocia.[7][10] Aos 47 anos, Beatrix Potter casou co seu avogado, William Heelis, co que non tivo fillos.
Potter escribiu vinte e tres libros, que foron publicados en pequeno formato, doado de manexar e ler polos nenos. Deixou de escribir arredor de 1920 debido á súa mala visión, aínda que a súa última obra, The Tale of Little Pig Robinson, foi publicada en 1930.
Nos seus últimos anos dedicouse a unha granxa de ovellas que adquirira en Lake District; gustáballe a paisaxe e coas regalías que procedían dos seus libros, xunto coa herdanza dos seus pais, adquiriu grandes parcelas de terra, que logo herdou o National Trust.[11] Faleceu en Sawrey (Lancashire) o 22 de decembro de 1943.
En 1971 estreouse o ballet The Tales of Beatrix Potter, dirixido por Reginald Mills, con música de John Lanchbery con coreografía de Frederick Ashton, e interpretado por primeira vez polo Royal Ballet e a orquestra da Royal Opera House.
En 1982, a BBC produciu The Tale of Beatrix Potter. Esta dramatización da vida de Potter foi escrita por John Hawkesworth, dirixida por Bill Hayes, e protagonizada por Holly Aird e Penelope Wilton como Beatriz de moza e de adulta, respectivamente. The World of Peter Rabbit and Friends, serie de televisión protagonizada por Niamh Cusack como Beatrix Potter, foi estreada en VHS.
En 2006, Chris Noonan dirixiu Miss Potter, filme biográfico da vida de Potter centrándose nos inicios da súa carreira e na súa relación co seu editor Norman Warne. Está protagonizado por Renée Zellweger, Ewan McGregor e Emily Watson.
O 9 de febreiro de 2018, Columbia Pictures estreou Peter Rabbit, dirixido por Will Gluck, baseado na obra de Potter.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.