From Wikipedia, the free encyclopedia
A basílica de Santo Apolinario o Novo (en italiano: Basilica di Sant'Apollinare Nuovo) atópase na cidade de Rávena, na rexión histórica da Romaña (Italia), que actualmente forma parte da rexión de Emilia-Romaña. Está dedicada a santo Apolinario. Ergueuse por vontade de Teodorico o Grande no ano 505 para o culto ariano da súa xente, aínda que se consagrou ó culto católico no século VI, sendo dedicada a Martiño de Tours. A igrexa conta cun nártice. Dende o século IX a basílica leva o nome actual; o apelativo de Nuovo foille dado para distinguila doutra igrexa máis antiga chamada de Sant'Apollinare in Veclo.
Basílica de Santo Apolinario o Novo | |
---|---|
Fachada da Basílica | |
Datos xerais | |
País | Italia |
Tipo | basílica |
Advocación | Santo Apolinario |
Localización | Rávena |
Coordenadas | 44°25′00″N 12°12′17″L |
Catalogación | Patrimonio da Humanidade |
Culto | |
Culto | Igrexa Católica |
Diocese | Arquidiocese católica latina de Rávena |
Arquitectura | |
Construción | 505 - Primeiro cuarto do século VI |
Estilo | Arquitectura paleocristiá Arte bizantina |
Páxina web | https://www.ravennamosaici.it/basilica-di-santapollinare-nuovo/ |
[ editar datos en Wikidata ] |
A basílica de Santo Apolinario o Novo foi inscrita pola UNESCO na lista do Patrimonio da Humanidade en 1996 baixo o grupo de monumentos paleocristiáns de Rávena.[1]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.