Barrio das Flores, A Coruña
barrio da Coruña From Wikipedia, the free encyclopedia
barrio da Coruña From Wikipedia, the free encyclopedia
O Barrio das Flores é un barrio da cidade da Coruña. No ano 2001 tiña 4470 habitantes[1], con só 0,17 km² de superficie, a densidade de poboación acada os 26.294,11 hab/km². Está situado na parte sueste do núcleo urbano, cara a onde se foi desenvolvendo durante as décadas de 1960 e 1970, ao incorporar zonas moi variadas.
Barrio das Flores | |
---|---|
Igrexa da Resurrección do Señor, obra de José Antonio Corrales. | |
Concello | A Coruña |
Coordenadas | 43°20′41″N 8°24′09″O |
[ editar datos en Wikidata ] |
O seu nome ten a súa orixe debido a que nesa zona se concentrou a maior plantación de flores do casco urbano. Aí naceu unha das empresas de arte floral máis prestixiosa e antiga da Coruña, Flores Consuelo Obdulia. En 1901 os seus artífices, Antonio Lagares Canosa e Obdulia Galán Teijido que tiñan unha casa no Campo de Oza, centro do actual barrio das Flores, dedicaron o resto do terreo a plantar sementes traídas de diferentes partes de Europa.[2]
Por este motivo todas as rúas do barrio teñen nome de flor e as prazas nome de árbore.
Os arquitectos José Antonio Corrales (premio nacional de arquitectura), Andrés Fernández-Albalat, Ignacio Bescansa, Jacobo Losada ou José Luque Sabrini participaron neste proxecto que levantou 2.000 vivendas sobre unha superficie de 17 hectáreas.
O barrio con orientación norte sur ten forma de D, está perfectamente delimitado pola Avenida de Monelos e a Ronda de Camilo José Cela, está dividido en tres unidades veciñais, coñecidas popularmente como a Termac, Inducosa e Dragados, en referencia ás respectivas empresas construtoras.
Corrales deseñou a Unidade Veciñal nº 3, coñecida como Dragados, unha actuación urbanística baseada na Carta de Atenas de Le Corbusier e executada desde unha perspectiva moderna e funcionalista que ademais de pisos e vivendas unifamiliares ofrecía equipamentos necesarios para a vida cotiá como igrexa ou gardería, nas outras unidades tamén atopábase un ambulatorio da seguridade social, un dos creados na primeira quenda en todo estado español así como o Fogar do Pensionista, aínda en funcionamento, tamén un dos primeiros do estado.
A Unidade Veciñal nº 3 é un conxunto de vivendas resolto en diferentes tipoloxías, non agrupadas en bloques específicos, senón interrelacionados a través de niveis e corredores nos que tamén alóxanse espazos para as garderías, os comercios e incluso algúns locais adicados a oficinas. Estas tipoloxías van desde apartamentos de dous dormitorios ata vivendas de case 150 m² de superficie, incluíndo un pequeno número de vivendas unifamiliares.[4][5]
O barrio non ten tráfico de vehículos interno, as rúas son rúas sen saída e só serven como acceso de servizo aos habitantes dos diferentes bloques de vivendas. Este deseño permite a existencia dun gran parque central, pero dificulta que sexa coñecido polo resto de habitantes da cidade, tamén e complicado o acceso a pé debido ao excesivo número de barreiras arquitectónicas, escaleiras, muros, falta de elevadores etc.
A historia do barrio comeza a mediados da década de 1960 cando a Obra Sindical del Hogar decide crear un novo asentamento para unha poboación que crecía debido a instalación de novas industrias como a refinaría. Construíuse entre 1964 e 1967. Inaugurouse oficialmente o 19 de agosto de 1967, coa visita do ditador Francisco Franco.
A poboación de clase media-baixa traballadora esta envellecida, e en xeral séguese asociando como un barrio marxinal, opinión baseada en tempos pasados en que determinadas zonas do barrio relacionábanse coa droga e a delincuencia.
Apenas existen comercios, aínda que debido a súa situación esta preto de case todos os grandes centros comerciais da cidade, así como do CHUAC. Aínda que carece de equipamentos de carácter cultural e ocupacional, no barrio atópase o Centro Down Coruña, o Centro de diminuídos psíquicos, Acopros, que ademais de dar servizo ás familias de xordos, é centro de orientación de emprego, e o Centro municipal de información á muller.
No centro do barrio atópase o Polideportivo Municipal do Barrio das Flores
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.