Bandeira de Taiwán
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A bandeira de Taiwán é o símbolo oficial de Taiwán, un fondo de cor vermella cun rectángulo azul situado no cuadrante superior máis próximo ó mastro, que contén, no seu centro, un sol de cor branca con doce puntas.
Remove ads
Este cuadrante é á súa vez a bandeira do Kuomintang (KMT), o partido político fundado por Sun Yat-sen, e foi adoptada en 1895 como bandeira da Sociedade para a Rexeneración da China, movemento político precursor do actual KMT. A bandeira foi deseñada por Lu Haodong, mártir do movemento republicano chinés durante o final da dinastía Qing, última dinastía imperial chinesa.
As cores da bandeira de Taiwán simbolizan os Tres Principios do Pobo propugnados por Sun Yat-sen:
- O branco representa a democracia e a igualdade.
- O azul representa o nacionalismo cívico e a liberdade.
- O vermello representa o benestar do pobo e a fraternidade.
Remove ads
Outras bandeiras
- O deseño da bandeira "Ceo Azul cun Sol Branco" foi realizado por Lu Hao-tung en 1895 e é usada como a bandeira do Partido Kuomintang (KMT)
- A bandeira Cinco razas baixo unha Unión, bandeira da República da China entre 1912 e 1928.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Taiwán en Flags of the World (en inglés)
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads