From Wikipedia, the free encyclopedia
As bandas R son unhas bandas claras e escuras que aparecen nos cromosomas cando se lles aplica a técnica do bandeado R, bandeamento R, bandeado reverso (ou inverso), que é unha técnica citoxenética que produce as bandas inversas ás bandas G. Foi ideada por Dutrillaux e Lejeune.[1] O bandeado R obtense incubando as preparacións en tampón fosfato quente, facendo despois un tratamento coa tinguidura Giemsa. Os padróns resultantes nos cromosomas mostran bandas escuras R, que son o complemento das bandas G. As bandas escuras R son ricas en guanina-citosina, mentres que as rexións ricas en adenina-timina son desnaturalizadas máis facilmente pola calor. Esta técnica é útil para analizar delecións xenéticas ou translocacións cromosómicas que implican aos telómeros dos cromosomas.[2][3]
Existe unha variante simplificada do bandeado R que utiliza acridina.[4]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.