arquitecto italiano do século XV From Wikipedia, the free encyclopedia
Baldassare Longhena, nado en Venecia en 1598 e finado no mesmo lugar en 1682, foi un arquitecto italiano do século XVII, un dos máis célebre e representativos do seu tempo.
Nome orixinal | (it) Baldassare Longhèna |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1596 Venecia, Italia |
Morte | 18 de febreiro de 1682 (85/86 anos) Venecia, Italia |
Actividade | |
Lugar de traballo | Venecia |
Ocupación | arquitecto, escultor |
Período de actividade | 1612 - 1682 |
Profesores | Vincenzo Scamozzi (pt) |
Alumnos | Antonio Gaspari, Bernardo Falcone (pt) e Giuseppe Sardi (pt) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Pai | Melchisedech Longhena |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Nado en Venecia nunha humilde familia orixinaria da provincia de Brescia (seu pai era pedreiro), Longhena tivo como mestre a Vincenzo Scamozzi. Introducido desde novo en relación coa poderosa familia Contarini, comezou pouco despois, xa na vintena de idade a lucirse coas obras de renovación do pazo Malipiero (1621-1622) e coa radical reestruturación do pazo Giustinian-Lolin (1623).
Varios anos despois, en 1631 foi encargado de proxectar e erguer a Basílica de Santa María della Salute, a súa creación máis significativa e unha das grandes xoias do barroco véneto e italiano. A Basílica foi construída a causa dun ex voto realizado pola cidadanía logo de sufriren unha terríbel epidemia de peste que danou, en 1630, Venecia e gran parte da Italia setentrional. O corpo central, de planta octagonal, e coroado por unha cúpola que destaca impoñente na Punta do Mar e é perfectamente visíbel ora desde o Canal Grande ora desde a praza de San Marcos. O severo clasicismo do seu interior contrasta nidiamente coas atrevidas concepcións escenográficas da parte externa articulada en formas ricas de movemento propias da inspiración barroca. A construción da Basílica de Santa María della Salute precisou medio século: o edificio non foi inaugurado de feito até 1687, cinco anos despois da morte do seu creador.
A actividade de Longhena concentrouse sobre todo en Venecia e nas veciñanzas inmediatas da cidade das canles. Entre as súas maiores realizacións, ademais de Santa Maria della Salute, cómpre sinalarmos:
Longhena estivo profundamente influenciado por dous grandes mestres do Cinquecento italiano, Jacopo Sansovino e Andrea Palladio. Plenamente inserto nas correntes barrocas do seu tempo, este grande arquitecto foi quen de dotar a algunhas das súas obras dunha suntuosidade e duns efectos de chiaroscuro, cargados de profundo dramatismo, como podemos observar, especialmente, na que foi a súa obra mestra indiscutíbel: a Basílica de Santa María della Salute.
Aprendices, e posteriormente colaboradores de Longhena, foran Giuseppe Sardi (1630-1699) e Antonio Gaspari (1670-1738). O primeiro, orixinario de Lugano, traballou ao lado do grande mestre na execución da igrexa do Ospedaletto, mentres o segundo continuou, como xa foi sinalado arriba, as obras da edificación da Ca' Pesaro logo da morte de Longhena.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Baldassare Longhena |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.